Coa inclusión do Informe de resultado de actividades nas Contas Anuais de 2014 a Contabilidad Analítica pasou a ser un instrumento máis da rendición de contas da USC. O Regulamento de xestión orzamentaria da USC de 2021 ratifica institucionalmente o informe de contabilidade analítica relativo ao custo das actividades desenvolvidas e aos indicadores de xestión relacionados coa prestación dos servizos.
De acordo co Plan Xeral de Contabilidade Pública, a Memoria das Contas Anuais nos puntos 25 e 26 —informe sobre o custo das actividades e indicadores de xestión— contén tamén información de contabilidade analítica.