O IPsiUS créase en 2024 como unha estrutura de coordinación e colaboración na investigación, básica e aplicada, en Psicoloxía para que os grupos e persoas que o integren poidan acadar un maior impacto e desenvolvemento do seu potencial de transferencia e proxección internacional. A súa estratexia científica afronta tres retos: Promover saúde e benestar; desenvolver sociedades inclusivas e diversas; e contribuír á sociedade dixital e á sostibilidade. Abrangue campos desde fomento do envellecemento saudable até o desenvolvemento de ferramentas dixitais para a intervención psicolóxica, pasando pola atención á vulnerabilidade psicosocial e a resiliencia, entre outras, que están firmemente orientadas ao benestar das persoas e as comunidades.
O Instituto
Contacto
Bolsa de colaboración Interreg Volunteer Youth para o proxecto proxecto Innov4Life
Procurase unha persoa voluntaria IVY (Interreg Volunteer Youth) para colaborar no proxecto INNOV4LIFE – Ecosistema transfronteirizo para a innovación colaborativa en saúde dixital, dentro do programa Interreg POCTEP.
Ler máis
Arturo Xosé Pereiro Rozas, elixido novo decano da Facultade de Psicoloxía
Durante o seu mandato, ten previsto fomentar a participación do estudantado, aumentar as opcións de especialización do centro e fortalecer as sinerxías co IPsiUS
Ler máis
Visita da Comisión Asesora Externa do IPsiUS
A pasada semana a Comisión Asesora Externa visitou o IPsiUS para coñecer de primeira man o traballo desenvolvido ao longo de 2025.
Ler máis
Outubro de ciencia no IPsiUS
Este mes de outubro, o grupo Procesos Cognitivos e Conduta (PCC) da USC, con apoio do Instituto de Psicoloxía (IPsiUS), organizou dúas charlas nas que investigadores invitados divulgaron os resultados dos seus últimos estudos, os cales mesturan temas de alta relevancia actual, como son o uso das Intelixencias Artificiais (IAs) e o auxe das pseudociencias, coa investigación en psicoloxía básica e experimental.