Ir o contido principal

Goberno e organización

O IPsiUS conta con órganos de goberno colexiados (Xunta de Goberno e Consello Científico) e unipersoais (dirección científica e secretaría) e cun órgano consultivo (Comisión Asesora Externa). Para o desenvolvemento da estratexia institucional dótase de varios grupos de traballo (unidades organizativas).

Organigrama, composición e funcións

D. Antonio López Díaz, reitor/a da USC (presidente)

Da. Mª Pilar Bermejo Barrera, vicerreitora de Política Científica

D. Tomás S. Cuesta García, vogal en representación do Consello de Goberno da USC

Da. Cecilia Sierra Rey, vogal en representación do Consello Social da USC

Da. Isabel Fraga Carou, directora do Instituto

Da. Socorro (Coqui) Rodríguez Holguín (secretaria)

Funcións:

  • Aprobar a elección do/a director/a do Instituto, a proposta do Consello Científico, e previo informe favorable da CAE.
  • Aprobar a remoción do/a director/a do Instituto, a proposta da maioría absoluta dos membros do Consello Científico.
  • Aprobar a proposta de orzamentos e a programación do Instituto.
  • Aprobar a memoria anual de actividade e a memoria económica do instituto, e dar conta das mesmas ao Consello de Goberno da USC.
  • Promover o financiamento e dotación do Instituto.
  • Nomear a Comisión asesora externa prevista neste Regulamento e establecer o seu funcionamento.
  • Ratificar a proposta de ingreso de novos membros e aprobar a súa desvinculación.
  • Propor ao Consello de Goberno da USC a modificación do regulamento.

Da. Isabel Fraga Carou (directora)

Da. Socorro (Coqui) Rodríguez Holguín (secretaria)

Da. Mónica Alzate García

D. Elisardo Becoña Iglesias

D. Luis Jiménez García

Da. Laura López Romero

D. Arturo X. Pereiro Rozas

Da. Estrella Romero Triñanes

Da. Montserrat Zurrón Ocio

Da. Tamara Fernández Cores (representante P.I.F.)

Funcións:

  • Propor á Xunta de Goberno do Instituto o nomeamento do/a director/a.
  • Aprobar o ingreso de novos membros do persoal científico do Instituto, co informe previo da Comisión Asesora Externa (CAE). Este ingreso deberá ser ratificado pola Xunta de Goberno do Instituto.
  • Propor a desvinculación de persoal docente e investigador ao instituto á Xunta de Goberno, previo informe da CAE, de ser pertinente.
  • Informar das propostas de programas, do orzamento, da memoria económica e da memoria de actividades do Instituto.
  • Programar as actividades científicas, docentes e de asesoramento técnico do Instituto e vixiar a súa realización.
  • Informar dos contratos do Instituto e dos seus membros.

Directora: Isabel Fraga Carou

Secretaria: Socorro (Coqui) Rodríguez Holguín

Funcións da dirección:

  • A convocatoria do Consello Científico, a súa presidencia, a execución dos seus acordos e a xestión ordinaria do Instituto.
  • A representación do Instituto no ámbito da súa competencia.
  • A elaboración das propostas de orzamento e programación de actividades.
  • A redacción das memorias anuais de actividades e económica.
  • A proposta ao reitor do nomeamento de secretario/a do Instituto.
  • A autorización de gastos do orzamento anual.

D. Leandro S. Almeida, Catedrático de Universidade, Área de Psicoloxía da Educación, Universidade do Minho

Da. Mª Teresa Bajo Molina, Catedrática de Universidade, Área de coñecemento de Psicoloxía Básica, Universidad de Granada

D. Luis García Larrea, Director de Investigación do Institut National de la Santé et de la Recherche Médicale (INSERM), Área de Neurofisiología Clínica, Centre de Recherche en Neurosciences de Lyon

Da. Esther López Zafra, Catedrática de Universidade, Área de coñecemento de Psicoloxía Social, Universidad de Jaén

Da. Marina Julia Muñoz Rivas, Catedrática de Universidade, Área de coñecemento de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxicos, Universidad Autónoma de Madrid

Funcións:

  • Asesorar ao director/a do Instituto e á Xunta de Goberno sobre calquera aspecto relacionado co funcionamento do Instituto e sobre a súa Axenda Científica.
  • Avaliar periodicamente a actividade do Instituto e do seu persoal investigador, e emitir os correspondentes informes de valoración.
  • Informar do interese de vinculación de novos membros ao Instituto.
  • Informar o nomeamento dos coordinadores/as das unidades do Instituto, de habelas.
  • Avaliar o plan de acción cuadrienal do Instituto.
  • Unidade de Desenvolvemento Institucional 

    • Fernando Díaz Fernández

    • Isabel Fraga Carou

    • Laura López Romero

    • Coqui Rodríguez Holguín

  • Unidade de Investigación

    • Coordinador: Marcos Dono Martín

    • María Teresa Carrillo de la Peña

    • Santiago Galdo Álvarez

    • Carmela Martínez Vispo

    • Enlaces co CC: Luis Jiménez / Montserrat Zurrón

  • Unidade de Promoción do talento

    • Coordinadora: Lorena Maneiro Boo

    • Susana Cid Fernández

    • Rocío Martínez Regueiro

    • Enlace co CC: Estrella Romero Triñanes

  • Unidade de Transferencia

    • Coordinador: David Facal Mayo

    • Xosé Antón Gómez Fraguela 

    • Ana López Durán 

    • Narmeen Mallah Nasrallah

    • Enlace co CC: Elisardo Becoña Iglesias

Organigrama do IPSiUS
Organigrama do IPSiUS
Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.11.2024.