Ir o contido principal
Pergameo do fondo clero
Documentación dos arquivos de mosteiros e conventos, cabidos, confrarías e outras institucións eclesiásticas afectados polas leis de desamortización do século XIX.

Estes fondos proviñan do arquivo da antiga Administración de Bienes Nacionales do partido de Santiago de Compostela. Estiveron no Convento de Santo Agostiño ata 1920, ano en que foi ocupado polos xesuítas, e pasaron a un sobrado do Concello.

En 1946, a Dirección General de Archivos y Bibliotecas do Ministerio de Educación autorizou o traslado dos fondos ao Arquivo Histórico Universitario, previa consulta á Dirección General de Propiedades y Contribución Territorial, sendo arquiveiro Salvador Parga Pondal.  

A cronoloxía da documentación vai desde o século IX ata os anos trinta do século XIX. Entre as series máis voluminosas están os foros, apeos, rateos, censos, preitos, executorias ou cobradores de renda.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.06.2023.