Contacto
-
Enderezo
- Rúa dos Feáns, s/n. Campus Vida, 15782Santiago de Compostela
- Teléfonos
- 881 815 210
- Horario
- HORARIO HABITUAL: De Luns a venres: de 8:30 a 21:30 h. Fins de semana e festivos: de 10 a 19:30 h.
A Biblioteca Concepción Arenal, inaugurada en 2003, dá servizo ás titulacións das Facultades de Dereito, de Ciencias Políticas e Sociais e de Relacións Laborais aínda que acolle ao alumnado e persoal investigador de todas as titulacións que se imparten na Universidade, o que fai dela una auténtica biblioteca de campus.
Situada nun edificio propio, fronte á Facultade de Dereito, conta con seis andares configurados en tres áreas diferenciadas: Área de estudo (andares -1, -2 e -3), acceso (andar 0) e área de investigación (andares 1 e 2)
Coleccións
Fondos
As coleccións da Biblioteca, en libre acceso na súa práctica totalidade, comprenden máis de 190.000 volumes de monografías e case 5.000 títulos de revistas (4.782 pechadas e unhas 200 en curso). As principais áreas de coñecemento representadas nestes fondos reflicten a investigación e docencia impartidas nas Facultades de Dereito, Ciencias Políticas e Sociais e Relacións Laborais:
- Dereito
- Criminoloxía
- Ciencia política e da administración
- Socioloxía
- Economía política
- Relacións laborais e recursos humanos
Fondo Histórico
Este fondo está en acceso pechado no segundo andar e pode consultarse previa solicitude, estando excluído de préstamo a domicilio. O fondo bibliográfico está formado por máis de 10.000 libros, desde 1560 ata 1969, procedentes das coleccións das distintas áreas da Facultade de Dereito e parte do legado do profesor e decano dela Paulino Pedret Casado (1899-1969), cunha biblioteca moi completa e ampla (con preto de 4.200 exemplares identificados), e con documentos moi raros sobre Galicia, espallados por distintas bibliotecas da USC.
No século XX houbo tamén outras dúas importantes incorporacións: a procedente da biblioteca do internacionalista Camilo Barcia Trelles (1888-1977), composta por uns 2.810 títulos de monografías, fundamentalmente de temática xurídica internacional, publicadas entre 1861 e 1977, e a procedente do catedrático de Dereito Penal Agustín Fernández Albor (1929-1987), que consta duns 1.209 títulos de monografías publicadas entre 1843 e 1987.
Neste século segue a incrementar a colección procedente das doazóns, destacando a cesión por parte da familia da biblioteca do catedrático de Dereito Civil José Manuel Lete del Río (1938-2007), que consta de 1.182 títulos publicados entre 1846 e 2007, e a procedente da biblioteca familiar e persoal do catedrático de Relacións Internacionais da UCM don Eduardo Vilariño Pintos, cunha primeira entrega de 324 títulos, o primeiro deles publicado en 1591 e, dende a súa xubilación, a súa biblioteca profesional ata o 2016, o que constitúe un total de 2.435 exemplares.
En 2013 a familia da profesora de dona Carolina Rovira legou á USC a biblioteca creada pola finada profesora ao longo da súa actividade docente e investigadora nesta Universidade. A súa biblioteca profesional, aceptouse non só polo valor intrínseco dos fondos, senón tamén polo seu valor como colección para os estudos de Filosofía do Dereito.
No ano 2016 a Universidade aceptou o legado do catedrático de Dereito Internacional Público don Manuel Pérez González, xubilado na Universidad Complutense de Madrid, pero moi vencellado á Universidade compostelá, na que foi profesor e decano na Facultade de Dereito, onde deixou unha fonda pegada. A súa biblioteca profesional xa está incorporada na súa totalidade, cun total de 1.493 exemplares. Ten especial valor en temas como o Dereito internacional humanitario.
Durante 2018, a familia do profesor da Facultade de Ciencias Políticas Juan Luís Pintos (1939-2018) doou a súa biblioteca profesional, estando totalmente procesados e a disposición da comunidade universitaria máis de 1.484 volumes, relativos fundamentalmente a socioloxía. Recentemente, este fondo do ámbito da socioloxía está a incrementarse con máis de 1.500 volumes grazas á doazón familiar do antigo profesor desta universidade don José Castillo Castillo (1931-2019), legado que se encontra en proceso de incorporación aos nosos fondos en 2022.
Fondo IDIUS
A Biblioteca Concepción Arenal abeira a biblioteca do antigo Instituto de Dereito Industrial da USC, unha biblioteca especializada en materia de Propiedade Industrial, Propiedade Intelectual e Dereito da Competencia, contando con máis de 9.300 volumes e numerosas publicacións periódicas.
Nun principio, a Biblioteca do IDIUS localizábase no Departamento de Dereito Mercantil, sede do Instituto, e, na actualidade, os seus fondos bibliográficos están integrados na Biblioteca Concepción Arenal, podendo consultarse na Sala de Investigadores do seu primeiro andar.
É unha colección cun alto grao de actualización e para a adquisición de parte dos seus fondos bibliográficos, o Instituto conta coa colaboración financeira da Oficina Española de Patentes y Marcas.
Fondo CEDE
No ano 2009, incorporouse á Biblioteca Concepción Arenal todo o fondo do Centro de Documentación Europea, agora chamado Centro de Estudos e Documentación Europeos (CEDE). Os seus fondos están localizados na Sala de Investigadores do primeiro andar en libre acceso, estando excluídos de préstamo.
O fondo bibliográfico está formado por máis de 5.000 libros e folletos editados maioritariamente pola Oficina de Publicacións da Unión Europea, máis de 100 títulos de revistas, así como polos documentos .COM ata 2009, os ditames da Comisión ata 2003 e os documentos de sesión do Parlamento Europeo ata 1999.
Dirección
José Rodríguez Dopazo jose.rodriguez.dopazo [at] usc.es (jose[dot]rodriguez[dot]dopazo[at]usc[dot]es)
- Tfno.: +34 881 815 211
Administración
Manuel Fernández Rodríguez manuel.fernandez.rodriguez [at] usc.gal (manuel[dot]fernandez[dot]rodriguez[at]usc[dot]es)
- Tfno.: +34 881 815 212
Oficina de Servizos
Información, préstamo interbibliotecario, formación de usuarios
- Tfno.: +34 881 815 214
María Carmen Cierto Castaño (Mañá)
Lucía Durán Espasandín (Tarde)
Oficina de xestión da colección
- Tfno.: +34 881 815 215
Proceso técnico (mañá)
Montserrat Ortega González
Publicacións periódicas (tarde)
Raquel Pérez Santos
Préstamo, información, sala de lectura
- Correo electrónico: biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.es (biblioteca[dot]concepcionarenal[dot]servizos[at]usc[dot]es)
- Tfno.: +34 881 815 210
Mañá
Xesús Eduardo García Bermúdez
Maite Sanmartín Cardama
Xosefina Guitián Lema
Tarde
Sara Cid Álvarez
Paula Luis González
Guillermo Acosta González
Fin de semana e festivos
Miguel González Río
Xosé Antón Ruibal Rodríguez
Conserxería
- Correo electrónico: conserxeria.concepcionarenal [at] usc.gal (conserxeria[dot]concepcionarenal[at]usc[dot]gal)
- Tfno.: +34 881 815 210
Mañá
Julio Avelino Nistal Roca
Tarde
Aurelia Fernández Magadán
Aurelia Fernández Magadán
- Cargo
- Conserxería
-
Teléfonos
- 881 815 210
- aurelia.fernandez [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de tarde
Guillermo Acosta González
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 982 815 210
- guillermo.acosta [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de tarde
José Rodríguez Dopazo
- Cargo
- Dirección
-
Teléfonos
- 881 815 211
- jose.rodriguez.dopazo [at] usc.gal
Julio Avelino Nistal Roca
- Cargo
- Conserxería
-
Teléfonos
- 881 815 210
- julioavelino.nistal [at] usc.es
- Horario
- Quenda de mañá
Lucía Durán Espasandín
- Cargo
- Persoal técnico
-
Teléfonos
- 881 815 214
- lucia.duran.espasandin [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de tarde
Maite Sanmartín Cardama
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 812 210
- maite.sanmartin.cardama [at] usc.es
- Horario
- Quenda de mañá
Manuel Fernández Rodríguez
- Cargo
- Administración
-
Teléfonos
- 881 815 212
- manuel.fernandez.rodriguez [at] usc.gal
María Carmen Cierto Castaño
- Cargo
- Persoal técnico
-
Teléfonos
- 881 815 214
- mariacarmen.cierto [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de mañá
Miguel González Río
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de fin de semana e festivos
Montserrat Ortega González
- Cargo
- Persoal técnico
-
Teléfonos
- 881 815 215
- montse.ortega [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de mañá
Paula Luis González
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de tarde
Raquel Pérez Santos
- Cargo
- Persoal técnico
-
Teléfonos
- 881 815 215
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
Sara M. Cid Álvarez
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- saram.cid [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de tarde
Xesús Eduardo García Bermúdez
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de mañá
Xosé Antón Ruibal Rodríguez
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de fin de semana e festivos
Xosefina Guitián Lema
- Cargo
- Persoal auxiliar
-
Teléfonos
- 881 815 210
- biblioteca.concepcionarenal.servizos [at] usc.gal
- Horario
- Quenda de mañá