Ir o contido principal

Ciclo de formación online de Web of Science no mes de xuño

Xa está aberto o prazo para inscribirse nos webinarios de xuño de Web of Science
Xa está aberto o prazo para inscribirse nos webinarios de xuño de Web of Science
Xa está aberto o prazo de inscrición para as tres sesións de formación que terán lugar no mes de xuño. Ademais destas sesións online, Clarivate ofrece ao persoal da BUSC e PTXAS con funcións de apoio á investigación unha formación presencial que terá lugar na biblioteca Concepción Arenal o 13 de xuño.

A FECYT e Clarivate organizan o I Ciclo de Formación Online da base de datos Web of Science,  co obxectivo de dar a coñecer as actualizacións, cambios e novidades desta base de datos. Esta formación, impartida durante o primeiro semestre do ano, está dirixida tanto a estudantes como a investigadores.

Para participar nas sesións é  imprescindible rexistrarse co correo electrónico institucional, xa que as inscricións realizadas con emails comerciais serán rexeitadas. 

 Xa está aberto o prazo de inscrición para as sesións de xuño, que serán as seguintes:

  • Luns, 3 de xuño de 14-15 horas
    As revistas da Colección Principal de Web of Science (nivel básico).
  • Martes, 4 de xuño de 14-15 horas
    O significado do factor de impacto e outras métricas en JCR (nivel básico).
  • Mércores, 5 de xuño de 14-15 horas 
    Ler o perfil dunha revista en Journal Citation Reports (nivel avanzado).

Apúntate aos webinars picando neste enlace.

Podes atopar máis información sobre o ciclo de formación online de Web of Science nesta páxina da FECYT.

Formación presencial
Ademais destas sesións online, Clarivate ofrece ao persoal da BUSC e PTXAS con funcións de apoio á investigación unha formación presencial (dispoñible tamén en streaming), que terá lugar na Aula Luisa Cuesta, da Biblioteca Concepción Arenal o día 13 de xuño, das 10 ás 13 horas.

É necesario rexistrarse empregando o correo institucional e asegurarse de que os datos persoais son correctos, pois serán os que se reflictan na certificación de asistencia (só se expedirá aos asistentes á sesión presencial). 

Inscríbete picando neste enlace.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 28.05.2024.