O Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres conmemórase cada ano o 25 de novembro para denunciar a violencia que se exerce sobre as mulleres en todo o mundo e co fin de reclamar políticas en todos os países para a súa erradicación. Neste senso a USC organizará un acto conmemorativo o propio día 25 que se iniciará na praza do Obradoiro ás 11.30 cun minuto de silencio e que continuará no Salón Nobre de Fonseca coas intervencións das autoridades presentes e coa estrea do documental 'INMIGRACiÓNS', realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera. Así mesmo, no Campus de Lugo, ás 12.00 e diante do Edificio Intercentros, gardarase un minuto de silencio e lerase o Manifesto da RUIGEU.
Actividades relacionadas co 25N
Debate-coloquio: 'Prostitución ¿=? violencia sexual
- Data: 21 de novembro
- Hora: das 11.00 ás 12.00 horas
- Lugar: aula 13 da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Organizan: Facultade de Ciencias da Educación e Fiet (entidade especializada na detección e atención integral a vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual)
Programa:
-
11.00 horas. Presentación da xornada
Lorena Añón Loureiro, profesora do Master de Igualdade, Xénero e Educación da USC e investigadora do proxecto de investigación "Estudio sobre el sistema prostitucional en la era digital: una radiografía sociológica a partir de los discursos de las mujeres prostituidas y/o víctimas de trata sexual y personas técnicas"
Lectura por parte de Helga Pita Romero, educadora social e coordinadora do Proxecto de detección de VTSH da ONG Fiet, dun breve texto do libro da autora Amelia Tiganus "La revuelta de las putas" que forma parte do Programa MAVI (Maleta Viaxeira contra a violencia de xénero), unha iniciativa da Subdelegación do Goberno da Coruña. -
11.10 horas. Espazo de debate
Para compartir opinións, sensacións e visións sobre a temática
-
11.50 horas. Conclusións
Lara Triñanes Queiruga, educadora social e psicóloga no Proxecto de detección de VTSH da ONG Fiet
- 12.00 horas. Peche
Actualización da listaxe de vítimas da violencia de xénero
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.00
- Lugar: Hall da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
- Descrición: dende hai anos a Comisión de Igualdade de Xénero da nosa facultade actualiza mensualmente a listaxe de vítimas da violencia de xénero os primeiros mércores de cada mes ás 11.00 horas. Coincidindo co 25N iniciaremos unha nova listaxe para este curso académico 2024/2025 que quedará visible na entrada da facultade. Convocamos a toda a comunidade universitaria a este acto simbólico, co desexo de que esta tarefa remate para sempre.
Lectura do manifesto. Minuto de silencio e lectura do manifesto
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.10
- Lugar: Hall da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Acto institucional conmemorativo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres
Programa:
- Minuto de silencio e lectura do Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIGEU)
- Data: 25 de novembro
- Hora: 11.30
- Lugar: praza do Obradoiro
-
Intervención de Roberto Barba Alvedro (director Xeral de loita contra a violencia de xénero da Xunta de Galicia)
- Intervención do reitor
- Estrea do documental "INMIGRACiÓNS", realizado por Juan Moredo, con coreografía de Rosa Acuña e con guión de Juan Carlos Zahera
- Hora: 12.00
- Lugar: Salón Nobre de Fonseca
- Peche do acto
Performances
El hilo rojo de la opresión y la liberación
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.00
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Orgullo y dominio
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.15
- Lugar: Praza da Quintana
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Un sufrimiento esperanzador
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.30
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Romper el espejo
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.45
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Mulleres músicas silenciadas
- Data: 25 de novembro
- Hora: 13.50
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Último aliento
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.00
- Lugar: Praza do Obradoiro
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
La reconstrucción
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.15
- Lugar: Praza da Quintana
- Organiza: Materia Socioloxía da Educación, Facultade de Ciencias da Educación
- Dirixida ó público en xeral
Lectura do manifesto 25N
- Data: 25 de novembro
- Hora: 14.30
- Lugar: Aula Castelao da Facultade de Medicina
- Organiza: Decanato da Facultade de Medicina
A violencia social: 'As malas mulleres'
- Data: 25 de novembro
- Hora: 17.00
- Lugar: Salón de Actos do Campus Vida
- Organiza: Facultade de Ciencias da Educación
- Entrada: libre ata completar a capacidade do espazo
- Descrición: Marilar Aleixandre ten unha longa traxectoria en pensamento feminista que abrangue o ensaio, a escrita de ficción e o activismo social e político. A partir da súa obra 'As malas mulleres', Premio Nacional de Narrativa 2023, reflexionará sobre as diversas formas de represión e violencia que padeceron as mulleres nun momento clave da historia de Galicia -nela transitan figuras como Concepción Arenal, Juana de Vega ou Emilia Pardo Bazán- e en espazos como as galeras, as prisións de mulleres, para traer a súa reflexión ao momento presente.
Proxección do filme 'Outrage' (1950), de Ida Lupino, coa participación de Cruz Fernández González
- Data: 25 de novembro
- Hora: 18.00
- Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía
- Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero. Ciclo de Cinema Filosófico. Facultade de Filosofía
- Persoas ás que se dirixe: toda a comunidade universitaria
Punto de encontro de homenaxe ás vítimas da violencia de xénero
- Data: 25 de novembro
- Lugar: Facultade de Relacións Laborais
- Organiza: Facultade de Ciencias da Educación
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral e Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo e as Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense / vía telemática
- Descrición: con motivo do 25N o centro preparará en colaboración co alumnado un espazo no que se homenaxeará ás persoas vítimas da violencia de xénero
Faladoiro: 'As violencias de xénero: unha mirada desde as científicas da educación'
- Data: 26 de novembro
- Hora: 09.30
- Lugar: Salón de Actos Facultade de Ciencias da Educación (Campus Vida)
- Organiza: Facultade de Ciencias da Educación
- Interveñen: Milena Villar Varela e Felicidad Barreiro Fernández (grupo de investigación GEFIL e IDEA);
Patricia Alonso Ruido (grupo de investigación ESCULCA); Lorena Añón Loureiro (grupo de investigación ISOPOLIS); M.ª Josefa Mosteiro García (grupo de investigación IDEA). Presenta: María del Mar Lorenzo Moledo (decana Facultade de Ciencias da Educación)
Xornada 'Diálogos y reflexiones sobre la violencia simbólica y sexual en la era digital: una aproximación al sistema prostitucional'
- Data: 29 de novembro
- Lugar: Sala María Barbeito da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Norte)
- Organizan: persoas técnicas de entidades de acción social en Galicia, estudantado dos graos en Mestra/e en Educación e o equipo de investigación de "El sistema prostitucional en la era digital: una radiografía sociológica a partir de los discursos de las mujeres prostituidas y las personas técnicas en Galicia"
Creación dun punto violeta na Facultade de Bioloxía
- Data, hora e lugar: exposición permanente a partir da sua creación (entre novembro e decembro de 2024)
- Organiza: comisión de igualdade da Facultade de Bioloxía
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado, PDI e PTXAS
- Descrición: colocarase un cartel ou roll up nun lugar transitado pero con certo grado de recollemento, no que se inserirá un código QR que leve o protocolo
Exposición permanente: 'A violencia non sempre é física'
- Data, hora e lugar: exposición permanente
- Organiza: comisión de igualdade da Facultade de Bioloxía
- Persoas ás que se dirixe e vías de participación: estudantado, PDI e PTXAS
- Descrición: conxunto de 10 carteis con lemas que denuncian o machismo contra as mulleres