A USC celebra o 8M Día Internacional das Mulleres cun amplo programa de actividades institucionais, culturais e reivindicativas
O Día Internacional das Mulleres, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo, é recoñecido polas Nacións Unidas como unha xornada para reivindicar a igualdade e facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.
Acto institucional
Data e lugar: mércores 6 de marzo do 2024, ás 12.00 h no Salón Nobre de Fonseca
Programa:
- Lectura do manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
- Recoñecemento Unidade de Atención Psicolóxica pola súa traxectoria en prol da igualdade de xénero na USC
- Conferencia: 'Muller e Saúde Mental' a cargo da Unidade de Atención Psicolóxica da USC
- Presencial e a través da canle Youtube da USC
Palestra: 'Feminidade e industria musical'
Relatora: Sés (María Xosé Silvar)
Título da palestra: Feminidade e industria musical
Data: 6 de marzo de 2024
Hora: 19 h
Lugar: Salón de Actos Profesora Ana Goy Diz, Facultade de Humanidades
Centros que participan e contribúen: Facultade de Humanidades, Facultade de Veterinaria, Facultade de Ciencias, Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE), Facultade de Formación do Profesorado, Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (EPS). Todos do campus de Lugo
Campaña 'A violencia non sempre é física'
Data: do 01/03/2024 a 16/03/2024
Hora: das 08.30 ás 20:30
Lugar: Facultade de Bioloxía
Dirixida ó PDI, ó PTXA e ó estudantado
Expoñeranse carteis polos corredores e zonas concorridas da facultade con lemas que denuncian o machismo contra as mulleres
II Concurso de Expresión Artística do Feminismo da Facultade de Psicoloxía
Data: do 4 ó 6 de marzo do 2024
Lugar: en fronte do Salón de Actos no módulo A da Facultade de Psicoloxía, andar -1
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero e Decanato, da Facultade de Psicoloxía
Dirixido ó estudantado matriculado nos estudos de Grao en Psicoloxía e en calquera dos másteres oficiais da Facultade de Psicoloxía (Máster Universitario en Psicoloxía, Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria, Máster Interuniversitario en Psicoxerontoloxía)
Máis información nas bases do concurso dispoñibles en https://sede.usc.es/sede/publica/taboleiro/anuncio/125422/carga.htm
Mostra bibliográfica 'Contruíndo xuntas a economía social: innovación feminina no cooperativismo'
Data: do 4 ó 15 de marzo
Lugar: entrada da biblioteca da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Obxecto: visibilizar a presenza feminina neste eido a través das publicacións accesibles a través da BUSC, xunto a outras fontes e recursos de información que permiten coñecer o estado da cuestión
Ligazón de interese: mostra virtual
Exposición e acto do 8M no Arquivo Histórico:
- Exposición ‘AstrónomAs’
- Data: do 4 ao 22 de marzo
- Hora: de 09:00 a 14:00
- Lugar: Arquivo Histórico
- Web: www.astronomas.org
- Obxectivos: fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas, fundamentalmente, entre as nenas e adolescentes, divulgar as investigacións realizadas por mulleres científicas na astronomía e na astrofísica, así como dar a coñecer as perspectivas futuras nestes campos. Pretende contribuír, polo tanto, a incrementar a cultura científica, tecnolóxica e innovadora na sociedade e mellorar a educación científico-técnica, especialmente, entra a xente nova
- Comisariada pola investigadora e astrónoma Josefina Ling Ling, céntrase na divulgación do traballo que realizaron ou realizan preto de trescentas mulleres de todo o mundo nunha ou en varias das catorce disciplinas nas que se estrutura a mostra
- Acto conmemorativo do Día Internacional da Muller: 'Historias de mulleres: Antonia Ferrín Moreiras, a primeira muller astrónoma de Galicia'
- Data: 8 de marzo
- Hora: 18.00
- Lugar: Arquivo Histórico
- Preside: Elena Cendón Vázquez, decana da Facultade de Matemáticas da USC
- Relatoras: Josefina Ling Ling e Matilde Ríos Fachal. Abordarán distintos aspectos da súa biografía e da súa estreita vinculación co Observatorio Astronómico e coa Facultade de Matemáticas da USC
Cineforum: 'As sufraxistas'
Data: 5 de marzo
Hora: 11.30
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía
Conferencia: 'Diálogos sobre a política e o corpo: unha aposta editorial de La Sociocultural'
Data: 5 de marzo
Hora: 17.30-18.30
Lugar: aula 1.1 do Aulario da Facultade de Ciencias Políticas e Sociais
Tema: Revista La Sociocultural
Inscrición: sen inscrición, asistencia libre ata completar a capacidade da sala
Obxectivo: presentar o proxecto editorial de La Sociocultural (https://www.lasociocultural.com/) como proxecto que desexa fomentar o diálogo comunitario e contribuír a fortalecer o tecido social
Colección de Mulleres Economistas
Data: do 6 ó 15 de marzo
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
Retómase a Colección de Mulleres Economistas coa inclusión dun póster dedicado a Michèle Pujol
Exposición "Ciencia X Mulleres "
Data: do 6 ó 15 de marzo
Hora: das 09.00 ás 20.30
Lugar: Facultade de Bioloxía
Dirixida ó PDI, ó PTXA e ó estudantado
Figurarán no expositor do corredor principal pósters científicos presentados en congresos nos que algunha muller tivera un papel relevante. Esta exposición irá acompañada da explicación das autoras o día 8 de marzo diante do póster para todo o público que o desexe coñecer
Ligazón: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-bioloxia/eventos/exposicion-ciencia-mulleres
Homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Retómase a mullerenaxe mensual
Data: 6 de marzo
Hora: 14.00
Lugar: vestíbulo da Facultade de Filosofía
Obradoiro colaborativo de cartaces #8Mconperspectiva
Data: 6 de marzo
Hora: das 16.00 ás 18.00 h
Lugar: aula 1 da Facultade de Filosofía
A xente poderase achegar a elaborar un cartaz coa súa filósofa e/ou referente do feminismo preferida
Conferencia: 'Dificultades e retos de emprender en feminino'
Relatora: Noa Piñeiro López, directora de Estudio BO
Data: 7 de marzo do 2024
Hora: 11.00
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Administración e Dirección de Empresas (ADE)
Organiza: Comisión de Xénero da Facultade de ADE
Dirixida ao estudantado e ó público en xeral
'A plasticidade da organizacion familiar, caboverdiana e das relacións de xénero nun contexto migratorio entre Santiago e Galicia'
Data: 7 de marzo
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo
Hora: 11.00
Relatora: Luzia Oca González
'Desde los márgenes: teatro, mujeres y poder. Omisiones, narraciones y revoluciones en la escritura de otra historia del teatro'
Data: 7 de marzo
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo
Hora: 12.15
Relatora: Antonella Sturla
Entrega de premios: 'Enxeñaría e Muller Rural'
Data: 7 de marzo
Hora: 13.00
Lugar: Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñería (EPSE)
Presentación da peza de teatro 'As alumnas' da escritora Paula Carballeira
Data: 7 de marzo
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filoloxía
Hora: 13.00
Relatora: Paula Carballeira
Organiza: Comisión de Igualdade e Decanato da Facultade de Filoloxía
Dirixida a todo o mundo
Presentación da peza de teatro 'As alumnas' (Premio Nacional de Literatura Dramática 2023 e Premio Follas Novas 2023 á mellor obra de teatro) pola escritora Paula Carballeira coa colaboración da profesora Cristina Mourón
Sinopse: Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Así, a memoria, as lembranzas que se van desenvolvendo neste xogo de persoas adultas que é o teatro, fannos descubrir como as decisións que se tomaron e o medo e a rebeldía marcan o seu destino
Lectura do Manifesto 8M da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 7 de marzo
Hora: 12.50
Lugar: entrada da Facultade de Filoloxía
Organiza: Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía
Punto informativo sobre actividades e recursos da Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía
Data: 7 de marzo
Hora: 11.00 - 13.00
Lugar: entrada da Facultade de Filoloxía
Organiza: Estudantado da Comisión de Igualdade da Facultade de Filoloxía
Mural homenaxe a mulleres destacadas no ámbito das relacións laborais (RRLL) e dos recursos humanos (RRHH)
Data: 8 de marzo
Hora: ás 09.00 h será a inauguración do mural
Lugar: Facultade de Relacións Laborais
Organiza: Facultade de Relacións Laborais
Dirixido ó estudantado do Grao de Relacións Laborais e RRHH, do Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral e do Máster Universitario en Psicoloxía do Traballo, así como ás Organizacións e Psicoloxía Xurídica-Forense
Obxectivo: resaltar o valor de diferentes figuras femininas que foron e/ou son un referente que cómpre seguir no eido das relacións laborais e das organizacións. Preténdese que o alumnado colabore nesta actividade. Para participar so é necesario que o estudantado envíe unha fotografía daquela muller/es que considere un referente neste área acompañada cun pequeno texto (máximo 25 palabras) explicando por que a considera un referente. Posteriormente, as fotografías co texto que as acompañan exporanse nos paneis do centro
Mesa de debate: 'Muller e Deporte'
Data: 8 de marzo
Hora: 10.00
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Ciencias, Lugo
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias
Acceso libre aberto a todo o público ata completar a capacidade do salón
Mesa redonda integrada por deportistas profesionais que presentarán a súa visión sobre as implicacións de ser muller na súa carreira profesional, coa colaboración de egresadas da Facultade de Ciencias que desenvolven a súa actividade laboral axudando e asesorando mulleres deportistas dende o ámbito da nutrición e da promoción da actividade física. A mesa redonda moderaraa unha alumna da Facultade de Ciencias
Benvida: Mª Ángeles Romero Rodríguez, presidenta da Comisión de Igualdade de Xénero da Facultade de Ciencias
Integrantes da mesa de debate: Catarina Pollini, xogadora de elite de baloncesto e adestradora; Laura Sas Barbeito, dietista-nutricionista, especialista en nutrición deportiva (baloncesto); Laura Carballal Besteiro, dietista-nutricionista, especialista en nutrición deportiva (fútbol); Eva González Devesa, dietista-nutricionista, especialista en nutrición deportiva (ximnasia rítmica), ximnasta e adestradora
Moderadora: Ana Páez Rodríguez, estudante do Grao en Nutrición Humana e Dietética da USC e vicepresidenta de ADINU-Galicia
Encontro online I+D+i con perspectiva de xénero: 'Transferencia de coñecemento e emprendemento feminino'
Data: venres, 8 de marzo de 2024
Hora: das 11.00 ás 12.00 h (CET)
Modalidade: online
Participa: Sara Fernández López, investigadora permanente de ECOBAS e catedrática da USC
Máis información: web de ECOBAS (https://ecobas.gal/events/idi-con-perspectiva-de-xenero/)
Lectura do Manifesto 8M da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 08/03/2024
Hora: 12.00
Lugar: Facultade de Bioloxía (diante da exposición 'Ciencia x Mulleres')
Dirixida ó PDI, ó PTXA e ó estudantado
Lectura do Manifesto 8M da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 08/03/2024
Hora: 12.00 h
Lugar: diante do módulo A da Facultade de Psicoloxía
Organiza: Comisión de Igualdade de Xénero e Decanato, da Facultade de Psicoloxía
Dirixida ó estudantado, ó persoal de administración e de servizos e ó profesorado
Lectura do manifesto co gallo do Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo do 2024
Lectura do manifesto da RUIXEU
Data: 08/03/2024
Hora: 12.30
Lugar: praza de Mazarelos, vestíbulo da Facultade de Filosofía
Pegada de cartaces #8Mconperspectiva
Data: 08/03/2024
Hora: 12.30
Lugar: vestíbulo da Facultade de Filosofía
A xente poderase achegar para encher as paredes da facultade con cartaces das súas filósofas e referentes do feminismo
Lectura do Manifesto 8M da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 08/03/2024
Hora: 13.00 h
Lugar: Aula Magna da Facultade de Química
Faranse fotografías e gravarase o vídeo da lectura; tamén se lle dará visibilidade a través do canal de YouTube e nas redes sociais
Lectura do Manifesto 8M da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 08/03/2024
Hora: 13.00 h
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Medicina
Lectura do Manifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Data: 8 de marzo
Hora: 14.00
Lugar: entrada da Facultade
Realizarase a lectura doManifesto da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero das Universidades Españolas para a Excelencia Universitaria (RUIXEU)
Actividades da Biblioteca da USC (BUSC) polo 8M
Venres, 8 de marzo de 2024
A Biblioteca da USC conmemora o 8M a través de diversas actividades nos seus distintos puntos de servizo:
- A Biblioteca Concepción Arenal, ofrece unha mostra bibliográfica sobre "A muller na banda deseñada"
- A mostra bibliográfica ofrecida pola Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais, titúlase "Construíndo xuntas a economía social: innovación feminina no cooperativismo"
- A Biblioteca de Bioloxía, pola súa banda, repasa nun vídeo a traxectoria das biólogas españolas máis destacadas
- A biblioteca Xeral ofrece un centro de interese cunha selección de autoras con vinculación á USC
Convidamosvos a sacar partido destas iniciativas que, á súa vez, convídannos a ter presente a perspectiva de xénero durante todo o ano
Os horarios da BUSC poden consultarse na súa páxina web
Podcast 'Guapas, listas e medievalistas. As mulleres no Cantar de mio Cid'
Data: 08/03/2024
Hora: 21.00 h
Lugar: Facultade de Filoloxía
Convidada: Inés Canto González
Organizan: Natalia Rivas (estudante do Máster de Estudos Medievais Europeos de Decanato de Filoloxía
Dirixido a todo o mundo
Ligazóns de interese:
- https://open.spotify.com/show/3ej8QuVeEJmOTITmrwsa6X?si=549a1e98d6194c22
- Instagram: https://www.instagram.com/guapaslistasmedievalistas/?utm_source=ig_web_button_share_sheet&igshid=OGQ5ZDc2ODk2ZA
- X: https://twitter.com/guaplistpodcast
Exposición 'Enredadas no Cambio'
Data: ata o 11 de marzo
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
A exposición reflicte o proxecto que leva a cabo a ONG Taller de Solidaridad axudando mulleres de Latinoamérica e de España a converterse en emprendedoras
Ligazón de interese: https://tallerdesolidaridad.org/enredadas/
Charla coloquio 'Mulleres bravas, defensoras da terra en Galicia e Honduras'
Organiza: Enxeñaría sen Fronteiras
Data: 11 de marzo
Hora: 12.00
Lugar: Seminario III da EPSE
Intervirán: María Verónica Rodríguez (Honduras), labrega e defensora da terra; Leylis Mariela Burgos (Honduras), marisqueira e defensora do manglar; Laura Carballo (Galicia), temporeira e activista polos dereitos laborais ante a agroindustria
'Antropólogas e feministas'
Data: 12 de marzo
Hora: 19.00
Lugar: Museo do Pobo Galego
Conversa con antropólogas e feministas sobre a relevancia da antropoloxía e da perspectiva de xénero para a comprensión da sociedade e da cultura
Xornada 'Investigar con perspectiva: compartindo pensamento feminista entre o PDI e o alumnado'
Data: 13 de marzo
Hora: das 16.00 ás 18.30 h
Lugar: aula 4 da Facultade de Filosofía
Este ano tres profesorxs da facultade foron recoñecidxs nos XIV Premios á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación e van compartir os seus traballos coa comunidade da facultade. Por outra banda, tamén entre, con e dende o estudantado estase a producir pensamento feminista que precisamos compartir e coñecer. Nesta xornada presentaremos e debateremos de xeito conxunto traballos do alumnado e do profesorado
II Foro de Enxeñeiras
Data: 14 de marzo
Hora: De 12 a 18 h
Lugar: Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
Organiza: Promove International Society of Automation (ISA)-Sección de Estudiantes coa colaboración de ISA-Sección Española e da Cátedra Institucional de Transición Enerxética GENESAL Energy-USC
Xornada formativa enfocada ao intercambio de experiencias e de coñecementos técnicos, na que lles damos a palabra a relatoras de diversas áreas profesionais da enxeñería. Esta actividade resalta o papel fundamental das mulleres na industria e dálles un espazo de debate e de exposición de ideas para conectar cun público na súa maioría en proceso de formación
Charla dentro do Ciclo de conferencias sobre equidade de xénero e inclusión: 'Mujer y autismo. ¿Qué hay tras el desequilibrio de género en el diagnóstico?'
Data: 19 de marzo
Hora: das 13.00 ás14.00 h
Lugar: Theatre Room, CiMUS
Relatora: María Tubío Fungueiriño, investigadora posdoutoral do grupo de investigación Genomics & Bioinformatics do CiMUS
Máis información: https://cimus.usc.gal/gl/evento/mujer-y-autismo-que-hay-tras-el-desequilibrio-de-genero-en-el-diagnostico
Sesión de curtas con motivo do 8M
Data: 19 de marzo
Hora: 18.00
Lugar: Salón de Actos da Facultade de Filosofía
Organizan: Cineclube Mazarelos e Facultade de Filosofía
Presentan: Miguel López Golán e Xavier de Donato
Pasaranse as curtas dos autores seguintes:
Germaine Dulac: "Celles qui s'en font" (1930) 6 min.
Chantal Akerman: "Saute ma ville" (1968), 12 min.
Cecilia Mangini: "Essere donna" (1965), 28 min.
Lynne Sachs: "Same Stream Twice" (2012), 4 min.
Gunvor Nelson: "My Name is Oona" (1969), 10 min.
Deborah Stratman: "In Order Not to Be Here" (2002), 33 min.
TriviGal edición especial
Data: 19 de marzo
Hora: 20.00
Lugar: 'O recuncho', espazo situado ao carón da cafetería, no hall da Facultade de Veterinaria
Organizan: a Comisión de Xénero e a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Veterinaria
Inscrición: https://forms.office.com/e/KX2SM0PeKf
As prazas son limitadas, polo que, no caso de que as inscricións superen as prazas ofertadas, respectarase a orde de inscrición. Aínda que a actividade se organiza dende unha comisión da Facultade de Veterinaria, vai dirixido a toda a comunidade universitaria, tanto estudantes da Facultade de Veterinaria coma doutras
Exposición 'Mulleres Economistas': Michèle Pujol
Lugar: Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
A exposición dedícaselle este ano a Michèle Pujol, economista feminista franco-canadiana, que traballou nunha revisión do pensamento económico convencional e a forma en que se situou o papel das mulleres na economía