Úneste ao club de disidentes do patriarcado?
Como universidade temos que contribuír aos cambios no mundo. Un dos máis necesarios ten que ver coa equidade con respecto ao xénero. Tense avanzado moito nos últimos anos, grazas ao impulso exercido polas ondas do feminismo, e agora este interpela directamente aos homes.
Os universitarios debemos reformularnos os esquemas, valores, condutas e pensamentos asociados ás masculinidades hexemónicas, mantendo unha actitude de cambio na que xa non se tolere ningunha discriminación nin desigualdade en relación ao sexo. Isto faise desde as nosas prácticas cotiás, co cambio persoal.
Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero (Ministerio de Igualdade)
IV XUNTANZA DO CLUB DE MASCULINIDADES DISIDENTES
Relatorio. Os desacougos da masculinidade, relatorio a cargo de Antonio Agustín García (Universidad Complutense de Madrid).
- Data e horario: 14 de novembro de 2022 ás 17 h.
- Lugar: Visionado l. Facultade de Ciencias da Comunicación.
- Número de prazas: 60 persoas.
- Inscrición gratuíta: nesta ligazón.
- Prazo de inscrición: ata o 11 de novembro.
- Recoñecemento: Entregarase diploma acreditativo de asistencia ás persoas inscritas.
Ciclo: Debates sobre a crise (e reacción) das masculinidades dominantes
CONVERSATORIO
-
Desexo, sexualidade e masculinidade, conversatorio con Raúl Macías González. 23 de abril do 2024 ás 17:00 horas
IV XUNTANZA DO CLUB DE MASCULINIDADES DISIDENTES
- Os desacougos da masculinidade, relatorio a cargo de Antonio Agustín García (Universidad Complutense de Madrid). 14 de novembro de 2022 ás 17 horas.
SEMINARIO WEB
- Adentrándonos na manosfera española: antifeminismo e sufrimento masculino en rede, a cargo de Elisa García Mingo (Universidad Complutense de Madrid). 22 de setembro de 2021 ás 17 horas.
- Vídeo
DEBATE
- Os homes e a masculinidade hexemónica. unha revolución pendente, a cargo de Patricia Hernández del Rosal e Miguel Lázaro (Asociación Masculinidades Beta). 4 de novembro de 2020 ás 17:00 horas.
- Vídeo
RELATORIO
- Masculinidades en disidencia co patriarcado, a cargo de Jorge García Marín (profesor da área de Socioloxía, secretario do CIFEX da USC). 11 de decembro de 2019 ás 11:15 horas.
- Vídeo