Actividade financiada con fondos do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Este curso de formación, enmarcado dentro das accións de igualdade da USC, ten como finalidade contribuír á prevención, sensibilización e detección da violencia de xénero nas aulas de distintos niveis educativos.
Obxectivos
- Sensibilizar e formar ao profesorado en violencia de xénero.
- Coñecer as bases teóricas para identificar a violencia de xénero, as súas raíces e fundamentos.
- Difundir as estratexias coeducativas como principal medida de prevención contra a violencia de xénero.
- Proporcionar as ferramentas necesarias e recursos para traballar a prevención da violencia de xénero nas aulas.
Contidos
- Achegamento conceptual á violencia de xénero.
- Detección e prevención da violencia de xénero nas aulas.
- Recursos e estratexias para previr a violencia de xénero nas aulas.
Metodoloxía
As sesións terán un carácter fundamentalmente expositivo e participativo.
Docentes
- Jorge García Marín. Profesor Departamento de Ciencia Política e Socioloxía da USC.
- Ramón Torrente García. Axente de Igualdade de Oportunidades.
Colectivo ao que vai dirixido
Preferentemente profesorado non universitario.
Solicitada homologación á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria como actividade de formación permanente do profesorado.
- Datas e horario: 11, 12 de setembro de 2021, en horario de 18 h a 21:30 h; 13 de setembro, en horario de 18 h a 21 h. Aula 14. Módulo A. Facultade de Ciencias da Educación. Campus Vida. Santiago.