
Apreciadas as carencias en saúde relacional: vínculos amorosos e sexuais, desexo, voluntariedade, consentimento e comunicación, estratexias e técnicas de seguranza en sexualidade non convencional e para prácticas corporais extremas, preténdese con este curso, constituir un espazo de reflexión colectiva sobre saúde relacional, presentándose ferramentas para o desenvolvemento dun pensamento crítico que reforce a adquisición de competencias para a toma de decisións conscientes, baseadas na voluntariedade e o desexo, e para un afrontamento satisfactorio da vida vincular e sexual.
Obxectivos
1. Colectivizar as ideas preconcibidas, os estereotipos e prexuízos, estimulando a súa análise e transformación, -persoal e grupalmente-
2. Apoderar á mocidade, buscando liberalxs de posibles restricións asociadas a calquera categoría social ou corporal encarnada: sexo-xénero, orientación sexual, orixe étnica, poder adquisitivo, aspecto...
3. Educar ás persoas na busca da liberdade, potenciando a conciencia, o pensamento crítico, a voluntariedade e o desexo, á vez que o sentimento de interdependencia e unha actitude coidadosa coas outras persoas
4. Contribuír ao desenvolvemento de competencias afectivas chave para a saúde relacional: a conciencia sensible, a regulación, a autonomía crítica, a comunicación -expresiva e receptiva- e a toma de decisións.
5. Previr as violencias sexuais, así como posibles condutas de risco, promovendo estratexias e técnicas de seguranza en prácticas sexuais alternativas.
Contidos
- Saúde relacional: vínculos amorosos e sexuais
- Desexo, voluntariedade, consentimento e comunicación
- Estratexias e técnicas de seguranza en sexualidade non convencional e para prácticas corporais extremas
Metodoloxía
Constituirase un espazo de reflexión colectiva sobre saúde relacional, centrado, máis concretamente, nos vínculos amorosos e sexuais, na sexualidade non convencional e nas prácticas corporais extremas. Tamén, presentaranse ferramentas para o desenvolvemento dun pensamento crítico que reforce a adquisición de competencias para a toma de decisións conscientes, baseadas na voluntariedade e o desexo, e para un afrontamento satisfactorio da vida vincular e sexual.
Ao longo de 5 sesións -de 3 horas de duración cada unhalevaranse a cabo actividades e dinámicas moi diversas: de expresión verbal e non verbal, xogo grupal, análise de obxectos e prácticas culturais, debates, etc.; adaptándonos ás características, necesidades e intereses das persoas participantes, en consonancia cos obxectivos do obradoiro e desde unha perspectiva queer emancipadora e libertaria.
Idioma: Galego.
Titorías: Non se prevén.
Docentes
- Aixa Permuy: profesora e investigadora da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CIFEX.
- Enrique Latorre; profesor e investigador da Universidade de Santiago de Compostela e membro do CIFEX.
- Lorena Boquete: psicóloga, sexóloga e técnica en promoción de igualdade, traballa actualmente no Programa “Dedaleira” da Asociación ACADAR, en colaboración coa Xunta de Galicia e co apoio de COGAMI.
Datas e horario: 2, 9, 22, 23 e 29 de abril, de 16:00 a 19:00 h
Lugar: Aula 6-7 do módulo C2 da Facultade de Ciencias da Educación, Campus vida da USC
Número de horas: 15 horas
Prazas: 25
Preinscrición: do 17 ao 20 de marzo de 2025 na seguinte ligazón