
Facultade de Química
19 e 20 de novembro de 2025
Con esta actividade a Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Química quere crear un espazo de encontro en que as investigadoras e investigadores novos que desenvolven o seu traballo no ámbito da química poidan dalo a coñecer ao resto da comunidade universitaria, e potenciar ao tempo as súas capacidades de comunicación en público en lingua galega.
Isto vaise plasmar nunha sesión aberta de comunicacións orais nas que esta mocidade investigadora presenta, en lingua galega e cun enfoque divulgativo, algún aspecto máis ou menos específico do traballo que desenvolve ou da súa área de investigación.
Como participar
A XINQ está aberta a calquera estudante dun máster ou dun programa de doutoramento da USC relacionado co ámbito da química.
Cada persoa pode participar cunha única comunicación oral.
Para inscribirse cómpre encher este formulario antes do día 30 de outubro, e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o Comité organizador.
Na circular de convocatoria poden atoparse máis detalles sobre as características das intervencións e sobre os recoñecementos á participación.
Máis información e consultas
xinq.secretaria [at] usc.gal (xinq[dot]secretaria[at]usc[dot]gal)
Facultade de Química, 19 e 20 de novembro de 2025
Inscrición
Para inscribirse cómpre encher este formulario , antes do 30 de outubro e acompañalo cun resumo da intervención, que debe respectar o modelo formal que propón o Comité organizador.
Comité organizador
- Montoto Pintos, David
- Rivas Saborido, Adrián
- Seijas Cerceda, Ana
- Parada Pérez, Laura
- Álvarez Martínez, Víctor
- Blanco García, Laura
Comité científico
- Martínez Calvo, Miguel
- Montes Goyanes, Rosa María
- Rumbo Gómez, Antonio
- Vázquez Vázquez, Carlos
Programa
Luns 11 de novembro de 2024. Aula Magna. Facultade de Química.
09:30 Presentación da IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da Química
Jesús Sanmartín Matalobos (decano da Facultade de Química da USC), Xusto A. Rodríguez Río (Responsable da Área de Terminoloxía do Servizo de Normalización Lingüística) e Antonio Rumbo Gómez (coordinador do Comité Científico da XINQ_4).
SESIÓN DE MAÑÁ
Sesión Doutoramento 1
Moderación: Rosa María Montes Goyanes e Daniel Marcos Atanes
09:45 Comunicación (C-1) – Laura Blanco García
Determinación de THC mediante microextracción líquido-líquido dispersiva asistida por aire (AALLME)
10:00 Comunicación (C-2) –– Sheila González Barcia
Desenvolvemento dun método de determinación de prata en fraccións proteicas de mostras de algas expostas a nanopartículas
10:15 Comunicación (C-3) –– Andrés Duque Villaverde
Determinación de fármacos e outros contaminantes emerxentes empregados como indicadores do tratamento cuaternario das augas residuais urbanas
10:30 Debate
Sesión Máster 1 Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Andrés Duque Villaverde
10:45 Comunicación (C-4) – Laura Parada Pérez
Catálise de Rutenio en Química Bioortogonal: Viabilidade de novos métodos baseados en intermedios vinilidénicos
11:00 Comunicación (C-5) – -Ximena Sánchez Iglesias Reaccións en cascada promovidas por ouro en medios biolóxicos 11:15 Debate
11:30-12:00 Descanso para café
Sesión Doutoramento 2 Moderación: Antonio Rumbo Gómez e David Montoro Pintos
12:00 Comunicación (C-6) – Maria Puente Calvo
Hidrocarbonación Intermolecular de Alenos Rexioselectiva mediante Catálise de Ir(I): Acceso Sinxelo a Estruturas con C-Cuaternarios
12:15 Comunicación (C-7) – Alexandrina Druta
Síntese de composites de tipo Celulosa/MOF/Ftalocianinas: Procesamento por impresión 3D e avaliación como catalizadores heteroxéneos na síntese de fármacos
12:30 Comunicación (C-8) – Iñaki Beceiro Cillero
Estudo sobre o desenvolvemento de tecnoloxías antieutrofizantes a través da redución abiótica do nitrato mediante óxidos de Fe e ácidos orgánicos.
12:45 Debate
13:00-16:00 Descanso para xantar
SESIÓN DE TARDE
Sesión Máster 2 Moderación: Antonio Rumbo e Andrés Duque Villaverde
16:00 Comunicación (C-9) – Raúl Fernández Álvarez
Uso combinado de tecnosoles e especies de plantas con potencial fitorremediador como estratexia cara á recuperación ambiental da mina de Touro
16:15 Comunicación (C-10) – David Montoto Pintos
Terapia fotodinámica dirixida contra células nai do cancro autofluorescentes
16:30 Debate
Sesión Doutoramento 3 Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Andrés Duque Villaverde
16:45 Comunicación (C-11) – Sandra Méndez Martínez
Detección de contaminantes persistentes, móbiles e tóxicos en mostras de auga de rexións de España mediante cromatografía líquida de alta resolución acoplada a espectrometría de masas 17:00 Comunicación (C-12) – Cristina Cambeses Franco
Un proxecto educativo sustentable e lúdico que dá visibilidade aos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentables nas aulas de química.
17:15 Comunicación (C-13) – Martín Dieste Places
Valorización de CO2: Unha nova alternativa a través da catálise de moléculas de Ag e Cu.
17:30 Debate
Martes 12 de novembro de 2024. Aula Magna. Facultade de Química.
SESIÓN DE MAÑÁ
Sesión Doutoramento 4 Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Paula Domínguez-Carbón
9:30 Comunicación (C-14) – Ana Seijas Cerceda
Optimización da edición xenética CRISPR/Cas9 mediante novas nanopartículas lipídicas: un enfoque fisicoquímico e funcional
9:45 Comunicación (C-15) – Stella Hernández Faria de Moraes
Efectos do sal en colorantes de detección de dsDNA
10:00 Comunicación (C-16) – Román Fernández López Usando δ-aminoácidos para crear estruturas supramoleculares 10:15 Debate
Sesión Doutoramento Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Stella Hernández Faria de Moraes
10:30 Comunicación (C-17) – Álvaro Maza Barón
Metalopéptidos para catálise en medios biolóxicos
10:45 Comunicación (C-18) – Alejandra Vale Gómez
Creación de circuítos metabólicos artificiais mediante a combinación de catálise encimática e metálica
11:00 Comunicación (C-19) – Adrián Rivas Saborido Transformacións bioortogonais promovidas por luz visible 11:15 Debate
11:30-12:00 Descanso para café
Sesión Doutoramento 6 Moderación: Miguel Martínez Calvo e Daniel Marcos Atanes
12:00 Comunicación (C-20) – Uxia Barreiro Sisto
Síntese dunha arquitectura meso-helicoidal de prata derivada dun ligando fosfino-azina
12:15 Comunicación (C-21) – Paula Domínguez-Carbón Obtención de compostos helicoidais con potencial actividade biolóxica 12:30 Comunicación (C-22) – Irene Vázquez Carballo
Complexos bidentados derivados de carborano como potenciais activos biolóxicos
12:45 Debate
13:00 Votacións finais
13:20 Acto de clausura da IV Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química Alberto García Suárez (vicedecano da Facultade de Química da USC), Carlos Vázquez Vázquez e Antonio Rumbo Gómez (membros do Comité Científico da XINQ_4).
14:00 Fin da xornada
Programa
Mércores 15 de novembro de 2023
09:00 Presentación da III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química
Jesús Sanmartín Matalobos (decano da Facultade de Química da USC), Manuel Núñez Singala (director do Servizo de Normalización Lingüística da USC) e Carlos Vázquez Vázquez (coordinador do Comité Científico da XINQ_3).
Sesión Doutoramento 1
Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Ana Castiñeira Landeira
09:15 Comunicación (C-1) – Carlos Pernas Fraguela Análise de residuos de xiringas como novo indicador do consumo de drogas por vía intravenosa
09:30 Comunicación (C-2) – Andrés Duque Villaverde Desenvolvemento e aplicación dunha metodoloxía analítica para a análise de compostos orgánicos perigosos en partículas de caucho de pneumáticos
09:45 Comunicación (C-3) –– Sergio Sóñora Otero Estudo da bioaccesibilidade in vitro de parafenilendiaminas e outros compostos orgánicos presentes no granulado de caucho reciclado.
10:00 Debate
Sesión Doutoramento 2
Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Adrián López Teijeiro
10:15 Comunicación (C-4) – Daniel Abella López Retos da administración oral e novos enfoques de estabilización de proteínas terapéuticas: o sistema IC-Tagging como unha novidosa solución
10:30 Comunicación (C-5) – Alejandro Seco González Explorando a batalla a nivel celular: como os péptidos antimicrobianos se involucran coas membranas celulares cambiados pola COVID-19 a través de simulacións de Dinámica Molecular 10:45 Comunicación (C-6) – Ángela González Baizán Micro-nanoplataformas pole-nanoestructuras lipídicas para a asociación de rifabutina.
11:00 Debate 11:15-11:45
Descanso para café
Sesión Doutoramento 3
Moderación: Ana María González Noya e Paula Oreiro Martínez
11:45 Comunicación (C-7) – Paula Domínguez Carbón Síntese de complexos derivados de ligandos biscarbamato e o estudo da súa hidrólise autoinmolante.
12:00 Comunicación (C-8) – Irene Vázquez Carballo Estudo coordinativo dun ligando bifuncional derivado de o-carborano
12:15 Comunicación (C-9) – Isabel Velo Heleno A helicidade na natureza e na química do ferro
12:30 Debate
Sesión Doutoramento 4
Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Javier Sertal Corral
12:45 Comunicación (C-10) – Brais Vázquez Vázquez Inclusión do fin de vida na avaliación ambiental dos biopolímeros plásticos
13:00 Comunicación (C-11) – Xinran Lu O desempeño dos clústeres de Ag como catalizadores e inhibidores nas reaccións con HDDA
13:15 Comunicación (C-12) – José Ramón Lorenzo Llarena Hidrólise do substrato e enriquecemento de cultivos microbianos mixtos no mesmo reactor para obter PHA e TAG empregando ácido oleico.
13:30 Comunicación (C-13) – Víctor Álvarez Martínez Conmutación térmica resistiva 13:45
Debate 14:05-16:00
Descanso para xantar
Sesión Máster 1
Moderación: Antonio Rumbo Gómez, Cristina González Barreira e Uxía Barreiro Sisto
16:00 Comunicación (C-14) – David Montoto Pintos Reaccións abióticas promovidas pola maquinaria celular
16:15 Comunicación (C-15) – Beatriz Lista Lema Estudo da estabilidade de origamis de ADN 16:30 Comunicación (C-16) – Paula Cambeses Franco Modelos matemáticos para a predición de parámetros reolóxicos
16:45 Comunicación (C-17) – Iago Riveiro Rodríguez Estudo do metabolismo in-vitro da 1,3-difenilguanidina (DPG) e a 1,3-di-o-tolilguanidina
17:00 Comunicación (C-18) – Laura Blanco García Determinación de tramadol e o seu principal metabolito en líquido pericárdico mediante microextracción líquido-líquido dispersiva e cromatografía de gases acoplada a espectrometría de masas
17:15 Debate Sesión Doutoramento 5 Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Paula Antelo Riveiro 17:40 Comunicación (C-19) – Diego Cora Calvo Estudo da interacción entre péptidos de amiloide monoméricos e proteínas seroalbuminas con técnicas de fluorescencia
17:55 Comunicación (C-20) – Martín Dieste Places Catálise heteroxénea de nanoclústeres de prata para as reaccións de hidroxenación de CO2
18:10 Comunicación (C-21) – Stella Hernández Faria de Moraes Detección automática de virus respiratorio
18:25 Debate 18:40
Fin da xornada
Xoves 16 de novembro de 2023
09:10 Presentación do segundo día da III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química
Sesión Doutoramento 6
Moderación: Ana María González Noya e Antonio Rumbo Gómez
09:15 Comunicación (C-22) – Cristina González Barreira Un novo complexo de disprosio cun ligando azamacrocíclico N6 amosando comportamento de SIM inducido por campo
09:30 Comunicación (C-23) – Uxía Barreiro Sisto Síntese dunha estrutura metalosupramolecular helicoidal de cobre derivada dun ligando azina funcionalizado con grupos ter-butilo
09:45 Comunicación (C-24) – Paula Oreiro Martínez Deseño de imáns moleculares de disprosio a partir dun ligando heptadentado N5O2
10:00 Debate Sesión
Doutoramento 7
Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Carlos Vázquez Vázquez
10:15 Comunicación (C-25) – Adrián López Teijeiro Novas perspectivas na inmobilización de enzimas de interese industrial: fabricando nanoreactores coa tecnoloxía IC-Tagging
10:30 Comunicación (C-26) – Paula Antelo Riveiro Isotermas π-APL de monocapas lipídicas mediante simulacións de dinámica molecular e experimentos en balanza de Langmuir
10:45 Comunicación (C-27) – Javier Corral Sertal Estudo da condutividade térmica do Fe3GeTe2, un material bidimensional
11:00 Comunicación (C-28) – Ana Castiñeira Landeira Evidenciando a presenza de almiscres sintéticos en augas medioambientais mediante un método analítico baseado na extracción por sorción en fase téxtil (FPSE) e GC-MS/MS
11:15 Debate
11:35 Votacións finais
11:45-12:15 Descanso para café
12:15 Entrega de premios
12:30 Acto de clausura da III Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química Jesús Sanmartín Matalobos (decano da Facultade de Química da USC), Carlos Vázquez Vázquez e Antonio Rumbo Gómez (membros do Comité Científico da XINQ_3).
Programa
Mércores, 25 de xaneiro
- 09:00 Presentación da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química. Jesús Sanmartín Matalobos (decano da Facultade de Química da USC), Manuel Núñez Singala (director do Servizo de Normalización Lingüística) e José Benito Quintana Álvarez (coordinador do Comité Científico da XINQ_2)
SESIÓN MÁSTER 1
- Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Braulio Casabella Amieiro
- 09:15 Comunicación (C-1). Daniel Abella López. Desenvolvemento dunha novidosa terapia de substitución enzimática para tratar a fenilcetonuria usando a tecnoloxía IC-Tagging
- 09:30 Comunicación (C-2) – Manuel Pérez Pérez. Revestimento polimérico de péptidos modulados por hidrazonas para a entrega de ADN plasmídico
- 09:45 Comunicación (C-3) –– Adrián López Teijeiro. Construíndo nanorreactores enzimáticos utilizando o sistema IC-Tagging: procura de solucións aos retos da industria dende un enfoque biotecnolóxico
- 10:00 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 1
- Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Andrea Estévez Danta.
- 10:15 Comunicación (C-4) – Iván Lozano González. Deseño de fase estacionaria para a separación de nanopartículas metálicas mediante cromatografía líquida
- 10:30 Comunicación (C-5) – Ana Castiñeira Landeira. Evidenciando a presenza de produtos de coidado persoal en xeles hidroalcohólicos mediante o método analítico SPME-GC-MS/MS
- 10:45 Comunicación (C-6) – Sandra Méndez Martínez. Desenvolvemento de novas metodoloxías analíticas para a determinación de contaminantes persistentes, móbiles e tóxicos en auga
- 11:00 Comunicación (C-7) – Andrea Estévez Danta. O proceso que leva á estimación da exposición humana a substancias prexudiciais a través da análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 11:15 Debate
- 11:30 DESCANSO
SESIÓN MÁSTER 2
- Moderación: Marta Castiñeira Reis e María Isabel Velo Heleno.
- 12:00 Comunicación (C-8) – Javier Corral Sertal. Simulación da condutividade térmica mediante cálculos ab initio
- 12:15 Comunicación (C-9) – Xinran Lu. Catálise de reaccións de polimerización por clústeres de Ag
- 12:30 Comunicación (C-10) – Paula Antelo Riveiro. Monocapas lipídicas como modelo de membrana en cáncer e infección: un estudo sinérxico in vitro/in silico
- 12:45 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 2
- Moderación: Antonio Rumbo Gómez e Braulio Casabella Amieiro
- 13:00 Comunicación (C-11) – Rafael Canabal Falcón. Novas aproximacións para afrontar o desafío das superbacterias: abordando a enzima xiquimato quinase
- 13:15 Comunicación (C-12) – Sara Falcón Fariña. Moléculas miméticas do PVA, para a inhibición da recristalización do xeo
- 09:45 Comunicación (C-13) – Patricia Fulias Guzmán. Deseño de novas moléculas fluorescentes para a visualización celular
- 13:45 Comunicación (C-14) – Braulio Casabella Amieiro. Inactivando a resistencia innata de Pseudomonas aeruginosa aos antibióticos con sulfonopenicilinas
- 14:00 Debate
- 14:15 DESCANSO PARA XANTAR
SESIÓN MÁSTER 3
- Moderación: José Benito Quintana Álvarez e Ana Justo Vega
- 16:00 Comunicación (C-15) – Tania Arias Cailleau. Avaliación da presenza de residuos de funxicidas e insecticidas en cervexa mediante cromatografía de líquidos e espectrometría de masas en tándem
- 16:15 Comunicación (C-16) – Andrés Duque Villaverde. Determinación de axentes químicos procedentes de caucho de pneumáticos en auga
- 16:30 Comunicación (C-17) – Carlos Pernas Fraguela. Desenvolvemento dun método para a determinación de biomarcadores do uso de cannabinoides mediante a análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 16:45 Comunicación (C-18) – María Lage Díaz. Estudo do metabolismo in vitro de contaminantes orgánicos
- 17:00 Debate
SESIÓN DOUTORAMENTO 3
- Moderación: Ana María González Noya e María Isabel Velo Heleno
- 17:15 Comunicación (C-19) – Andrés Manuel Álvarez Constantino. Acetileno: uso na química sintética e potenciais aplicacións en reaccións de carboboración
- 17:30 Comunicación (C-20) – Uxía Barreiro Sisto. Estudo do proceso de desulfuración dun ligando tiocarbohidrazona para a obtención dun ligando azina
- 17:45 Comunicación (C-21) – María Moreno Pérez. Nanomateriais híbridos TiO2/SnO2 – clústeres de prata para o seu uso na degradación fotocatalítica de contaminantes
- 18:00 Comunicación (C-22) – María Isabel Velo Heleno. Complexos dinucleares de cobre(II) como modelos de metaloenzimas
- 18:15 Debate
- 18:30 FIN DA XORNADA
Xoves, 26 de xaneiro
- 09:20 Presentación do segundo día da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química
SESIÓN DOUTORAMENTO 4
- Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Alfonso Cabezón Vizoso.
- 09:30 Comunicación (C-23) – Sara Illodo Brea. Estudo da agregación de péptidos de β-amiloide con técnicas de fluorescencia
- 13:30 Comunicación (C-24) – Pablo López Carracedo. Amidas anfifílicas e bolanfifílicas derivadas do ácido (-)-xiquímico. Síntese e estudo das súas propiedades
- 10:00 Comunicación (C-25) – Lucía Méndez Gómez. Exploración estrutural dun ciclopéptido para a súa autoensamblaxe de 1D a 2D
- 10:15 Comunicación (C-26) – Alfonso Cabezón Vizoso. Ciclopéptidos nas portas celulares, unha alternativa ós fármacos convencionais?
- 10:30 Debate
SESIÓN MÁSTER 4
- Moderación: Carlos Vázquez Vázquez e Marta Castiñeira Reis
- 10:45 Comunicación (C-27) – Jesús Seijas Cerceda. Estudo da asociación supramolecular de alta afinidade mediante fluorescencia
- 11:00 Comunicación (C-28) – Stella Hernández Faria de Moraes. Como usar o intercalador laranxa de tiazol para a detección e cuantificación de ADN de dobre cadea
- 11:15 Comunicación (C-29) – Diego Cora Calvo. Sondas fluorescentes sensibles ao contorno para a caracterización de interaccións biomoleculares
- 11:30 Debate
- 11:45 DESCANSO
PREMIOS E CLAUSURA
- 12:30 Votación final
- 13:00 Entrega de premios
- 13:15 Acto de clausura da II Xuntanza de Investigador@s Nov@s no ámbito da química. Carlos Vázquez Vázquez (membro do Comité Científico da XINQ_2)
Programa
Sesión 1. Xoves, 25 de novembro
- 16:00 Presentación da Xuntanza de investigadores novos no ámbito da química
- 16:20 Comunicación 1. Marcos Rúa Sueiro. Estudo dos modos de coordinación da difosfina dppm fronte a compostos ciclopaladados
- 16:40 Comunicación 2. Isabel Velo Heleno. Arquitecturas metalosupramoleculares de tipo helicoidal derivadas dun ligando bistiosemicarbazona
- 17:00 Comunicación 3. Lara Troncoso Afonso. Fotocatálisis bioortogonal catalizada pola luz visible
- 17:20 Comunicación 4. Juan José Tarrío. Polímeros Helicoidais Fluorescentes: Propiedades e Aplicacións
- 17:40 Comunicación 5. Leticia Pérez Mayán. Determinación automatizada de pesticidas en mostras de viño mediante SPE on-line con LC-MS/MS
- 18:00 Comunicación 6. Sandra Méndez Martínez. Desenvolvemento dunha nova metodoloxía analítica para a cuantificación de contaminantes emerxentes en augas
- 18:20 Comunicación 7. Catarina Pimentel. Preparación de carbóns activados a partir de serrín de piñeiro para a adsorción de contaminantes de efluentes líquidos
- 18:40 Comunicación 8. Ángela Arnosa. Síntese e caracterización de composites de poliuretano e magnetita para hipertermia magnética
- 19:00 Comunicación 9. Cristina González Barreira. Un complexo dinuclear de disprosio con ponte fluoruro como imán molecular
Sesión 2. Venres, 26 de novembro
- 16:00 Comunicación 10. Lidia Domínguez Ramos. Nanocarbóns microporosos funcionalizados para a eliminación de contaminantes industriais
- 16:20 Comunicación 11. María Moreno Pérez. Preparación de óxidos semiconductores como soportes de clústeres cuánticos atómicos
- 16:40 Comunicación 12. Sara Bermúdez Fernández. Síntese de paladaciclos mono e dinucleares derivados de ligandos TSC: Estudo de reactividade fronte a difosfinas de cadea curta
- 17:00 Comunicación 13. Basma Raad Shakir Aljanabi. Paladaciclos como precursores de metaloligandos funcionalizados.
- 17:20 Comunicación 14. Manuel Rodríguez Romero. Novos metaloencimas artificiais unidos a microesferas proteicas como reactores bioortogonais
- 17:40 Comunicación 15. Alexandre Blanco González. As portas da célula ca dinámica molecular
- 18:00 Comunicación 16. Javier López Vázquez. Bioaccesibilidade humana de plastificantes presentes nos microplásticos simulando dixestións gastrointestinais
- 18:20 Comunicación 17. Andrea Estévez Danta. Desenvolvemento dunha metodoloxía analítica para a determinación da exposición humana a bisfenois mediante análise de augas residuais con fins epidemiolóxicos
- 18:40 Clausura da Xuntanza de investigadores novos no ámbito da química