Ir o contido principal
A mostra “A USC Camiña. Xornadas de Achegamento á USC” é unha actividade itinerante que iremos desenvolvendo polas distintas comarcas de Galicia.
Imaxe representativa

Con esta mostra pretendemos que o estudantado de Bacharelato, Ciclos Formativos de FP e Ensino Secundario e a sociedade teñan un mellor coñecemento do que a USC, cos dous campus de Lugo e Compostela, significa para Galicia.

Consiste nunha serie de postos informativos sobre as titulacións de grao, mestrado e doctorado, pero tamén sobre a investigación e os diferentes servizos relacionados coa vida universitaria (residencias universitarias, cultura, mobilidade, voluntariado, a importancia das linguas, deportes, ...). A USC Camiña contará con postos informativos e talleres sobre:

  1. Oficina de Información Universitaria (OIU)
  2. Titulacións de Artes e Humanidades
  3. Titulacións de Ciencias
  4. Titulacións de Ciencias da saúde
  5. Titulacións de Enxeñaría e Arquitectura
  6. Titulacións de Ciencias Sociais e Xurídicas
  7. Investigación
  8. Servizos de voluntariado e igualdade
  9. Servizo Universitario de Residencias
  10. A importancia das linguas: Normalización lingüística, CLM e mobilidade
  11. Biblioteca
  12. Cultura
  13. Deportes
  14. Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC.

Tamén contará con mesas redondas e  conferencias sobre a Investigación, Titulacións, as ABAU e o acceso.

Ofertarase un programa concreto de actividades para cada comarca.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 09.03.2023.