Ir o contido principal

Ada Byron Galicia 2025

25.04.2025 | 16.00h-20.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula IA-0.1, edificio Emprendia. 

Alberto Suárez Garea, Juan Carlos Pichel Campos, Juan Carlos Vidal Aguiar

AdaByron é un concurso universitario de programación dirixido ao alumnado matriculado nas titulacións de informática das universidades públicas. Nesta edición de Ada Byron Galicia, a ETSE será a sede do estudantado dos graos en Enxeñaría Informática e en Intelixencia Artificial.
Para máis información, pode consultarse a páxina: https://ada-byron.es/2025/reg/

Ada Byron Galicia 2025
Ada Byron Galicia 2025

A inscrición no evento é de balde para todas as persoas participantes do Grao en Enxeñaría Informática (GrEI) e do Grao en Intelixencia Artificial (GrIA). O luns 21 de abril confirmaráselles aos equipos inscritos a posibilidade de participar. A continuación recóllense as normas de inscrición no concurso.

  • Só poderán participar estudantes que cursen algún dos graos impartidos nos tres centros organizadores. A organización poderá solicitar a acreditación de estudante mediante un listado das materias matriculadas durante o curso 2024-2025.

  • A inscrición realizarase por equipos. Un equipo estará formado por tres alumn@s da mesma universidade, aínda que poden pertencer a graos (ou itinerarios) diferentes.

  • Os equipos serán situados na categoría correspondente en función da materia máis avanzada na que estean matriculad@s os seus membros.

  • A organización xestionará a admisión dos equipos da forma que considere máis axeitada. Dependendo da cantidade de estudantes interesad@s poderá empregarse unha estratexia FIFO, un sorteo, ou un criterio de reparto por cursos.

Moito ánimo e moita sorte no concurso!

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2025.