Ir o contido principal

AltiaTechDay

Charla 'RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento'

24.04.2025 | 12.30h-14.00h

Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Aula IA-01, Edificio Emprendia

Alberto Bugarín Diz, gria.coordinacion@usc.gal
Alberto Suárez Garea, jorge.suarez.garea@usc.es

#AltiaTechDay é un programa composto por unha serie de obradoiros cos que Altia pretende achegar os seus coñecementos en tecnoloxías avanzadas aos futuros profesionais do sector, co obxectivo de potenciar o talento e completar a formación en tecnoloxías novidosas coas que actualmente se traballa en proxectos reais.

RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento
RAG: Como a IA atopa, recupera e xera coñecemento

Tradicionalmente, os modelos de intelixencia artificial xeran respostas baseadas nos datos cos que foron desenvolvidos, sen capacidade para acceder a información nova. RAG (Retrieval-Augmented Generation) transforma esta limitación ao permitir que a IA consulte bases de datos, documentos e fontes externas en tempo real, mellorando a precisión e relevancia das súas respostas. 

Nesta charla, Nerea Freiría (Data Scientist & AI | ALTIA) explorará a evolución dos chatbots, desde os primeiros modelos que só responden con información predefinida ata os máis avanzados con RAG, capaces de recuperar e procesar información dinámica. Analizará os fundamentos e tecnoloxías que fan posible este avance e as súas aplicacións en distintos sectores, como a saúde, a investigación e a atención ao cliente.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 07.04.2025.