Relator: Guillermo López Taboada, CEO de Torusware e catedrático de Arquitectura de Computadores, CITIC, UDC

Torusware é unha compañía especializada en Analítica de datos/Big Data e DevOps. Nesta charla presentarase a súa traxectoria, partindo da súa orixe como spin-off do CITIC da Universidade da Coruña, pasando polos seus proxectos máis relevantes e a súa misión/visión. A compañía está especializada no desplegue e operación de Lagos de Datos corporativos, en particular en nube pública, Azure e AWS. Conta con clientes en ámbitos tan dispares como líderes do IBEX-35, start-ups de tecnoloxía dixital, administración pública e clubes deportivos.
Para asistir, é preciso inscribirse: aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es)