
A xornada Universidade e empresa ante os retos preventivos' exponse como un espazo pioneiro de encontro e reflexión entre as tres universidades galegas e o tecido empresarial, coa prevención de riscos laborais como eixo vertebrador. O seu obxectivo central é fortalecer os vínculos entre o mundo académico e o laboral, poñendo o foco na necesidade de mellorar o coñecemento e a aplicación das distintas funcións e responsabilidades preventivas que establece a normativa vixente.
A xornada (programa adxunto) representa unha oportunidade única para o estudantado da ETSE, e en particular para do Grao en Enxeñaría Química, interesado na prevención de riscos laborais.
Ao reunir profesorado, profesionais da prevención e representantes do tecido empresarial, o evento permitirá coñecer de preto os retos reais que afrontan as organizacións en materia de seguridade, sustentabilidade e saúde laboral.
Ademais, favorecerá o contacto directo co ámbito profesional e abrirá camiños para futuras prácticas e proxectos de investigación aplicada. Trátase dunha cita clave para comprender o valor estratéxico da PRL na enxeñaría actual.
Procedemento de inscrición en dous pasos:
-
Inscrición seguindo este enlace.
-
Correo a aula.profesional [at] usc.es (aula[dot]profesional[at]usc[dot]es) indicando no asunto AP02_25 XornadaPRL.
Para o estudantado do GrEQ: Avaliarase a asistencia e o aproveitamento do/a estudante (40%) e a adquisición de coñecementos mediante un cuestionario de avaliación que se entregará ao inicio da xornada as persoas inscritas (60%) e que deberá ser remitido á almudena.hospido [at] usc.es (almudena[dot]hospido[at]usc[dot]es) no prazo de 24 horas dende o remate da mesma.