16.12.2025 | 09.00h-15.00h
O Foro de Empresas regresa o 16 de decembro á Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da USC como un espazo de encontro entre o estudantado e distintas empresas líderes do sector tecnolóxico galego, vinculadas á enxeñaría informática, á intelixencia artificial e ás solucións dixitais avanzadas.
Este evento consolídase como unha cita de referencia no calendario académico do centro, promovendo o contacto directo co tecido empresarial e favorecendo oportunidades de colaboración profesional e formativa.