- Código
- FD0395
- Tipo
- Curso de Formación Específica - MICROCREDENCIAL
- Modalidade
- Non Presencial
- Duración
- 1 ano
- Créditos
- 4.0
- Curso
- 2025-2026
- Prezo
- 113,33€
- Centro
- Ciencias da Comunicación
- Dirección
-
Jose Miguel Tuñez Lopez
Juan Manuel Prieto Arosa - Contacto
miguel.tunez [at] usc.es
Departamento / Centro Organizador
Ciencias da Comunicación
JOSE MIGUEL TUÑEZ LOPEZ
16547
miguel.tunez [at] usc.es
Ciencias da Comunicación
Datas
Duración: 03/02/2026 - 05/03/2026
Preinscrición: 19/11/2025 - 28/11/2025
Matrícula: 01/12/2025 - 12/12/2025
Número alumnos/as mínimo: 84
Número alumnos/as máximo: 89
Comentarios: Curso celebrado ao amparo do convenio USC-UPTL
Seguro obrigatorio:
20,69€ (Aos alumnos que formalicen matricula en cursos de Posgrao Propio, Formación Continua e Programa de Formación, se lles incluirá ademáis o importe do seguro obrigatorio de accidentes e asistencia en viaxe para estudantes da USC, segundo o establecido na normativa vixente (Acordo Consello Goberno 29 de xuño de 2009) e emitirase xunto coa 1ª liquidacion de matrícula. Excepto nos curso que sexan 100% virtuais, considerados estos por curso académico; e nos casos en que os alumnos teñan pagado este mesmo seguro nunha titulación da USC no presente curso académico.)
Requisitos de acceso
Acceso sen titulación universitaria. A UTPL encargarase da selección do estudantado, que deberán cumprir polo menos co requisito de demostrar experiencia no ámbito da comunicación, márketing ou xornalismo, sen posuír unha titulación universitaria e a convocatoria estará dirixida exclusivamente ao estudantado da UTPL.
Preinscrición
Pode consultar un manual do procedemento de admisión na páxina web do CEP en Arquivo ou clicando aquí
Para realizar a solicitude de admisión acceda ao seguinte enlace da secretaria virtual
https://matricula.usc.es/Posgrao/SolicitudeEstudosPropios
Acceso a preinscrición e matrícula
Sistema de selección
O criterio de selección será establecido pola UTPL e aplicarase mediante a orde de inscrición, dando prioridade a quen curse a Mestría en Comunicación, Ideación e Creación de Contidos con Intelixencia Artificial da UTPL.
Obxectivos
1. Comprender os fundamentos e limitacións da IA na comunicación dixital.2. Utilizar ferramentas de xeración e edición de audio, imaxe, vídeo e texto asistidas por IA.
3. Aplicar metodoloxías de verificación e análise automatizado de contidos.
4. Desenvolver proxectos multimedia innovadores con base en criterios éticos e de sustentabilidade dixital.
5. Analizar o impacto da IA nos novos perfís profesionais e na transformación do ecosistema mediático.
Competencias
S1.4.1 - Proporcionar contexto para a nova información.S1.4.1 - Adaptarse ao tipo de medio de comunicación.
S1.13.0 - Proporcionar contido escrito.
S2.4.0 - Procesar información.
S5.6.1 - Colaborar usando tecnoloxías dixitais.
S5.6.1 - Desenvolver contido dixital.
S5.6.1 - Integrar e reelaborar contido dixital.
S5.6.1 - Usar ferramentas de desenvolvemento de contidos.
Avaliación
A avaliación do curso fundamentarase nun enfoque práctico e formativo, orientado a valorar a aplicación dos coñecementos adquiridos en contextos reais de produción multimedia. Combinaranse criterios de avaliación continua, baseados na participación activa nos talleres, coa valoración dun traballo final individual que integrará as competencias técnicas e conceptuais desenvolvidas ao longo do curso. A superación de ambas as fases será requisito indispensable para a obtención do certificado de aproveitamento.
Titorías
O curso desenvolverase integramente en modalidade virtual, combinando sesións síncronas e asíncronas en contornas dixitais. A metodoloxía basearase en talleres prácticos e a elaboración dun traballo final integrador. A avaliación realizarase mediante a participación nas actividades formativas e a presentación do proxecto final. O idioma de impartición será o español, con posibilidade de apoio documental en inglés. Ofreceranse titorías virtuais síncronas orientadas ao acompañamento académico e á supervisión do traballo final, impartidas por docentes da UTPL e coordinadas pola dirección do curso na USC.
17:00 - 20:00 (Ecuador) | 23:00 - 02:00 (España) | Martes, Mércores e Xoves durante 4 semanas
Observacións
Dividiranse as clases con clases maxistrais de 2 horas e unha hora de traballo autónomo por parte do alumnado para unha formación máis eficaz ata completar as 40 horas do curso.
| Código | Materia | Créditos |
|---|---|---|
| 1 | Traballo Final. | 1.0 |
| 2 | Produción de Contidos Multimedia con Intelixencia Artificial. | 3.0 |