
Quen nos ía dicir alá por marzo de 2015, cando nos xuntamos por vez primeira na Cafetaría da Residencia Bal y Gay para falar sobre "O modelo de estudos de grao e posgrao", que unha década despois seguiriamos aquí, poñendo en marcha estes espazos informais para a conversa e o debate, para promover o contraste de opinións e xerar comunidade universitaria no campus de Lugo.
Este ano seguimos contando co apoio de Lugo Cultural e do Servizo de Normalización Lingüística. Coa súa axuda e implicación, desde a Comisión de Normalización Lingüística da EPS de Enxeñaría esperamos organizar un programa de Encontros tan interesante, polo menos, coma o de anos anteriores, faladoiros sustentados en datos sobre temas relevantes para a nosa sociedade.
Axúdanos a conseguilo! Participa e dános ideas para novas Lúas.