Pasar al contenido principal

Roteiro polo patrimonio natural e cultural do Courel

Alumnado do máster en Servizos Culturais
Alumnado do máster en Servizos Culturais
Celebrado ao abeiro do Plan Formativo Campus Terra 2024 e o proxecto de investigación 'Soledad, Envejecimiento y Alimentación'

Baixo a denominación de Alimentar a vida os asistentes realizaron un roteiro pola contorna dirixido polo biólogo Marcos Reinoso Dominguez, responsable da empresa Pía Paxaro e por Elena Freire Paz no que puideron  apreciar o alto valor do patrimonio natural e cultural do Courel. Ademais, serviu para coñecer iniciativas locais vinculadas ao sector alimentario baixo as premisas de produtos diferenciados vinculados ao territorio e  distribuídos en clave de proximidade. Hai que resaltar a importancia da identidade cultural traspasada aos mesmos para procurar un patrimonio gastronómico que permita manter unha biodiversidade tamén sostible en termos culturais e económicos para a poboación local.

Esta actividade celebrouse ao abeiro do proxecto de investigación Soledad, Envejecimiento y Alimentación —PID2022-137970OB-I00— no que participa a profesora Freire e dos cursos do Plan Formativo Campus Terra 2024.

Los contenidos de esta página se actualizaron el 09.10.2024.