Ir o contido principal

A Aplta do Campus Terra da USC guía un obradoiro infantil sobre elaboración de queixo no festival Son Labreg@ de Sarria

El Aplta del Campus Terra de la USC guía un taller infantil sobre elaboración de quesos en el festival Son Labreg@ de Sarria
El Aplta del Campus Terra de la USC guía un taller infantil sobre elaboración de quesos en el festival Son Labreg@ de Sarria
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC participou a pasada fin semana no festival Son Labreg@ de Sarria, un evento lúdico, reivindicativo e para a reflexión centrado no...
Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC participou a pasada fin semana no festival Son Labreg@ de Sarria, un evento lúdico, reivindicativo e para a reflexión centrado no medio rural, organizado polo Sindicato Labrego Galego en colaboración coas asociacións O Buril e Os Gorrións.

 

A participación da Aptla neste evento correu da man da responsable de formación do devandito centro universitario, Elena López Colmenero, quen impartiu un obradoiro práctico sobre elaboración de queixos, dirixido ao público máis cativo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.