Ir o contido principal

A Aplta participa cun grupo operativo da Inlac na identificación e cuantificación dos leites empregados nos queixos de ‘mezcla’

El Aplta participa con un grupo operativo de la Inlac en la identificación y cuantificación de las leches empleadas en los quesos de mezcla
El Aplta participa con un grupo operativo de la Inlac en la identificación y cuantificación de las leches empleadas en los quesos de mezcla
A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC forma parte do grupo operativo impulsado pola Interprofesional Láctea (Inlac) para a definición do proxecto ‘...
Lugo

A Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) do Campus Terra da USC forma parte do grupo operativo impulsado pola Interprofesional Láctea (Inlac) para a definición do proxecto ‘ Identificación e cuantificación de compoñentes do leite empregados para a fabricación dos queixos de ‘mezcla’. Este grupo operativo, que conta con financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) e do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), está integrado por Inlac, Centro Tecnolóxico de Cataluña (Eurocat), Aplta, Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo (Cetal) e a consultora Novadays e Zeulab S.L.

 

O novo grupo operativo promovido pola Inlac xurde logo de advertir a necesidade de identificar e cuantificar os diferentes leites que se empregan para a elaboración dos distintos queixos de ‘mezcla’ existentes no mercado, xa que non existe ningunha metodoloxía que garanta a cuantificación dos compoñentes debido aos múltiples factores que inciden na fiabilidade dos resultados.

 

Así, despois da realización destes estudos previos e tras obter o financiamento necesario para a súa creación e constitución, o devandito grupo operativo da Inlac está a traballar nesta primeira fase na elaboración das bases teóricas que rexan no futuro o proxecto ou proxectos de I+D acaídos para deseñar metodoloxías e técnicas analíticas axeitadas para identificar e cuantificar os diferentes tipos de leite (vaca, ovella e cabra) utilizados para a elaboración dos denominados queixos de ‘mezcla’.

 

O resultado do traballo que está a realizar nesta primeira fase este grupo operativo da Inlac e no que participa a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias da USC, servirá de paso previo para o desenvolvemento do proxecto en cuestión, un proceso posterior para o que tamén se agarda poder acceder a novas convocatorias de axuda habilitadas polo Mapama ao abeiro do Programa Nacional de Desenvolvemento Rural.

  

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.