Ir o contido principal

A EPSE do Campus Terra da USC forma a traballadores do sector forestal na xestión responsable do monte galego

La EPSE del Campus Terra de la USC  forma a trabajadores del sector forestal en la gestión responsable del monte gallego
La EPSE del Campus Terra de la USC forma a trabajadores del sector forestal en la gestión responsable del monte gallego
A sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu este mércores o curso presencial “A madeira FSC en Galicia”, que pretende informar a traballadores do...
Lugo

A sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC acolleu este mércores o curso presencial “A madeira FSC en Galicia”, que pretende informar a traballadores do sector forestal e outros afíns sobre a certificación outorgada pola Forest Stewardship Council (FSC), organización sen ánimo de lucro dedicada a promover a xestión forestal responsable en todo o mundo.

 

O director da EPSE Tomás Cuesta, o director xeral de Ordenación Forestal Tomás Fernández-Couto, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal, José Ignacio Lema, inauguraron un curso no que se afondou na certificación FSC e que leva como lema “Emprega madeira porque as persoas e os montes impórtannos”

 

A enxeñeira de Montes e directora técnica de FSC España, Silvia Martínez, e o enxeñeiro técnico forestal e xestor de proxectos de FSC España, Marcos Estévez, acometeron a importancia da certificación FSC e a relación coa madeira para a construción. A continuación, o catedrático da USC no Campus Terra, Manuel Guaita, abordou o presente e o futuro da madeira estrutural.

 

A sesión de mañá, trala cal se celebrarou un coloquio, pechouse coas intervencións do enxeñeiro de Montes José Ángel González, quen expuxo a experiencia dun grupo de cadea de custodia FSC; e o director técnico e a responsable de costes de Carpintería Estelar, José A. Sanmartín e Leticia Rendo, os cales analizaron o día a día nunha industria de segunda transformación da madeira certificada FSC.

 

Xa en quenda de tarde, o doutor enxeñeiro de Montes e técnico de GAIN-CIS Madeira, Manuel Touza, falou da durabilidade dun proxecto de madeira ao exterior; mentres que o arquitecto técnico Álvaro López afondou nos produtos FSC de FINSA para a construción. Finalmente, antes do derradeiro coloquio, a arquitecta María Sánchez analizou experiencias recentes no uso da madeira en obras arquitectónicas.

 

O FSC facilita o desenvolvemento de estándares, garante o seguimento dos proxectos forestais e protexe a marca rexistrada FSC para que os consumidores poidan optar por produtos que proceden de bosques ben xestionados.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.