Ir o contido principal

A Facultade de Veterinaria do Campus Terra acolle unha charla sobre os programas de mobilidade da USC

La Facultad de Veterinaria del Campus Terra acoge una charla sobre los programas de movilidad de la USC
La Facultad de Veterinaria del Campus Terra acoge una charla sobre los programas de movilidad de la USC
A responsable da Oficina de Relacións Exteriores da USC no Campus Terra, Bárbara Rovira Casal, impartirá este xoves 9 de febreiro, ás 14:00 horas, na aula 2 da Facultade de Veterinaria, unha...
Lugo

A responsable da Oficina de Relacións Exteriores da USC no Campus Terra, Bárbara Rovira Casal, impartirá este xoves 9 de febreiro, ás 14:00 horas, na aula 2 da Facultade de Veterinaria, unha presentación dos diversos programas de mobilidade aos que pode acollerse o alumnado da universidade.

 

Nesta charla, os asistentes poderán obter información sobre o Sistema de Intercambio entre Centros Universitarios Españoles (SICUE), os convenios bilaterais dos que forma parte a USC, e o Programa Erasmus + Prácticas, cuxa finalidade consiste en contribuír a que o alumnado se adapte ás esixencias do mercado laboral a escala comunitaria e mellore a súa comprensión do contorno económico e social do país no que se atopa.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.