Ir o contido principal

A ONCE recibe material educativo realizado no Campus Terra da USC

La ONCE recibe material educativo realizado en el Campus Terra de la USC
La ONCE recibe material educativo realizado en el Campus Terra de la USC
O decano da Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, Francisco Rodríguez Lestegás; a profesora responsable da materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de...
Lugo

O decano da Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra da USC, Francisco Rodríguez Lestegás; a profesora responsable da materia ‘Dificultades de aprendizaxe e trastornos de desenvolvemento’, María José Fiuza; e o director da axencia administrativa da Organización Nacional de Cegos de España (Once) en Lugo, Roberto Doval Sánchez, participaron no acto de entrega á Once do material didáctico e educativo para a inclusión elaborado por estudantado de último curso do grao de Mestre/a de Educación Primaria dentro do proxecto de Aprendizaxe-Servizo (ApS) que se desenvolve no centro universitario en colaboración coa axencia da Once en Lugo.

 

A Once forma ao alumnado desta materia na adaptación e/ou creación de diversos materiais inclusivos (contos, maquetas, calendarios ou xogos didácticos como tres en raia, entre outros) que logo se doan á propia Once para a súa distribución nos centros educativos da provincia de Lugo. Esta colaboración permitiu xa a máis de 400 alumnos e alumnas de Formación do Profesorado acadar unha visión pouco usual sobre esta discapacidade e obter unha definición da inclusión máis ampla, sinala María José Fiuza, quen cualifica de “estimulante” este proceso de aprendizaxe. Trátase dun proxecto, engade, que tamén mellora a contorna traballando na eliminación das necesidades detectadas pola Once, ampliando o seu concepto de escola e sociedade inclusiva e fomentando o desenvolvemento das súas competencias sociais e compromiso ético.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.