Ir o contido principal

A sanidade vexetal centra este venres un foro de debate na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC

La sanidad vegetal centra este viernes un foro de debate en la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra de la USC
La sanidad vegetal centra este viernes un foro de debate en la Escuela Politécnica Superior del Campus Terra de la USC
A sanidade vexetal, a súa regulación e a problemática asociada centrarán este venres a temática da segunda sesión do ciclo de conferencias forestais organizado pola Escola Politécnica Superior do...
Lugo

A sanidade vexetal, a súa regulación e a problemática asociada centrarán este venres a temática da segunda sesión do ciclo de conferencias forestais organizado pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC, un coloquio que se desenvolverá, a partir das 12.00 horas, na sala de xuntas do centro universitario lugués, e que estará moderado pola profesora Cristina Cabaleiro Sobrino.

 

O enxeñeiro forestal do Servizo de Montes de Pontevedra Agustín Blond Arredondo, o enxeñeiro agrónomo e responsable de medio ambiente e regulamentación do grupo empresarial Agroamb, Alberto Amador García, e a profesora do Departamento de Produción Vexetal de Proxectos de Enxeñaría da USC na EPS María José Lombardero Díaz, integran a quenda de relatores que participará neste foro. Ao remate das intervencións, comezará un debate aberto, durante o que o público presente poderá trasladar as preguntas que considere.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.