Ir o contido principal

A Universidade de Verán da USC programa en Lugo un obradoiro de iniciación en metodoloxía Bosquescuela en xuño

La Universidad de Verano de la USC programa en Lugo un taller de iniciación en metodología Bosquescuela en junio
La Universidad de Verano de la USC programa en Lugo un taller de iniciación en metodología Bosquescuela en junio
A Universidade de Verán 2018 da USC inclúe na súa programación para os días 19 e 20 de xuño un Obradoiro de iniciación en metodoloxía Bosquescuela, cuxas sesións formativas se desenvolverán nas...
Lugo

A Universidade de Verán 2018 da USC inclúe na súa programación para os días 19 e 20 de xuño un Obradoiro de iniciación en metodoloxía Bosquescuela, cuxas sesións formativas se desenvolverán nas instalacións do Centro de Interpretación Terras do Miño. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 15 horas lectivas e aberto á participación dun máximo de 35 persoas, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 8 de xuño.

 

O obxectivo do curso estival da USC dirixido polo profesor da área de Didáctica da Expresión Corporal da USC na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra Rubén Navarro Patón e do que actúa como secretaria Silvia Basanta Camiño, é o de favorecer o coñecemento dun modelo de educación homologado e regrado que esperta a iniciativa persoal de nenos e nenas, vivir a inmensa variedade e posibilidades que ofrece a natureza como aula e contorna de aprendizaxe e coñecer e reflexionar sobre os valores, a base teórica e a metodoloxía Bosquescuela.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.