Ir o contido principal

Aberta a inscrición nunha nova xornada de cata de viños brancos de Albariño na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría

Abierta la inscripción en una nueva jornada de cata de vinos blancos de Albariño en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería
Abierta la inscripción en una nueva jornada de cata de vinos blancos de Albariño en la Escuela Politécnica Superior de Ingeniería
O grupo de investigación de referencia competitiva Proxectos e Planificación (Proepla) da USC organiza o mércores 18 de abril unha nova xornada de cata hedónica e de consumidor na cafetería da Escola...
Lugo

O grupo de investigación de referencia competitiva Proxectos e Planificación (Proepla) da USC organiza o mércores 18 de abril unha nova xornada de cata hedónica e de consumidor na cafetería da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC.



Esta nova sesión de cata está promovida no marco do proxecto de investigación 'Xestión de grandes superficies vitícolas para a optimización da calidade enolóxica - CIEN 2014', que conta con financiamento do CDTI e que contempla catas dos viños elaborados a partir de uva obtida nos diferentes ensaios sobre variedades brancas.



A participación nesta cata é libre e de balde para todas as persoas interesadas, que poderán catar os caldos en cuestión en quendas dunha hora de duración programadas entre as 17.00 e as 21.00 horas. As persoas interesadas poden inscribirse a través do enderezo electrónico javierjose.cancela [at] usc.es (javierjose[dot]cancela[at]usc[dot]es) ou no teléfono e 600 940 223.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.