Ir o contido principal

Campus Terra acolle un curso de formación para formadores de asesores agrarios

Campus Terra acoge un curso de formación para formadores de asesores agrarios
Campus Terra acoge un curso de formación para formadores de asesores agrarios
A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e AGRIDEA (Centro de Asesoramento Agrario de Suiza) acollen os días 23, 24 e 25 de xuño un curso de formación para formadores de asesores...
Lugo

A Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC e AGRIDEA (Centro de Asesoramento Agrario de Suiza) acollen os días 23, 24 e 25 de xuño un curso de formación para formadores de asesores agrarios, primeiro módulo obrigatorio para a obtención do Certificado CECRA, sistema europeo de certificación de formación de asesores en metodoloxía de asesoramento.

 

Baixo o título "Capacidades do Asesor en Áreas Rurais", o curso está sendo impartido por docentes, con acreditación CECRA, procedentes de Suiza, con amplia e probada experiencia na impartición de cursos de formación de asesores, tanto en Europa como en América; así como por docentes da EPS. O obxetivo consiste en que os participantes, ao final do curso, consigan mostrar coñecemento e actitudes propias para o asesoramento e recoñecer os medios e posibilidades para perfeccionarse como asesor. Asemade, preténdese obter a mellora continua da percepción, tanto propia como allena, das súas capacidades como asesor; e afondar na súa relación co grupo ao que se dirixen, de comprender mellor tanto os seus vínculos no campo profesional como as condicións xerais e os diferentes intereses na contorna onde o asesoramento ten lugar.

Consulta aquí o programa completo do curso.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.