Ir o contido principal

Campus Terra da USC e Universidade Junior de Porto avanzan no deseño de actuacións conxuntas en campamentos de verán

Campus Terra de la USC y Universidade Junior de Porto avanzan en el diseño de actuaciones conjuntas en campamentos de verano
Campus Terra de la USC y Universidade Junior de Porto avanzan en el diseño de actuaciones conjuntas en campamentos de verano
O grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía Xuvenciencia de Campus Terra da USC, coordinado pola profesora Mercedes Novo Rodríguez e integrado por docentes e investigadores dos distintos...
Lugo

O grupo de Divulgación da Ciencia e da Tecnoloxía Xuvenciencia de Campus Terra da USC, coordinado pola profesora Mercedes Novo Rodríguez e integrado por docentes e investigadores dos distintos centros universitarios do campus de Lugo, mantivo este venres unha reunión de traballo cos coordinadores da Universidade Junior de Porto Filomena Mesquita e Vítor Silva, a fin de estudar posibles vías de colaboración entre dous proxectos promovidos pola USC e a Universidade de Porto co obxectivo de espertar o interese pola ciencia e a investigación entre a mocidade.

 

A reunión de traballo entre os coordinadores da Universidade Junior de Porto, o maior programa de ensino preuniversitario existente en Portugal, e o grupo Xuvenciencia da USC desenvolveuse na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo, onde o vicerreitor Javier Bueno, que ofreceu unha recepción aos profesores visitantes.

 

O obxectivo desta encontro bilateral é o de estreitar ligazóns e analizar posibilidades de colaboración, ademais de estudar o futuro intercambio e mobilidade de docentes e estudantes entre o Campus de Verán Xuvenciencia e a Universidade Junior de Porto. Trátase de sentar as bases cara a futura internacionalización do Campus de Verán Xuvenciencia, indicou Novo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.