Ir o contido principal

Campus Terra e Gradiant presentan en Europa o Polo de Innovación Dixital para o sector agroalimentario de Galicia

Campus Terra y Gradiant presentan en Europa el Polo de Innovación Digital para el sector agroalimentario de Galicia
Campus Terra y Gradiant presentan en Europa el Polo de Innovación Digital para el sector agroalimentario de Galicia
O seminario ‘Polos de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da agricultura’, organizado polo Partenariado Europeo para a Innovación da Produtividade Agrícola e a Sustentabilidade...
Lugo

O seminario ‘Polos de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da agricultura’, organizado polo Partenariado Europeo para a Innovación da Produtividade Agrícola e a Sustentabilidade (EIP-AGRI, polas súas siglas en inglés), foi o escenario elixido para presentar o Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario, unha proposta novidosa que integra ao sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servicios innovadores adaptados á súa realidade produtiva; e aos provedores tecnolóxicos e de servizos, así coma dos centros de coñecemento e innovación, para mellorar a competitividade, as oportunidades de negocio e o potencial exportador do sector agroalimentario de Galicia.

 

Luis Pérez Freire, director xeral de Gradiant, e Alfonso Ribas, en representación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), dependente da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia; acompañados de Ismael Martínez da Cooperativa CLUN, presentaron as actividades realizadas até o de agora no marco do Polo de Innovación Dixital, así coma os futuros pasos que se darán para impulsar a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia. En palabras de Pérez Freire, “o feito de que desde a Comisión Europea invitasen á iniciativa galega como exemplo de boas prácticas no tocante á colaboración público-privada supón un recoñecemento ao bo traballo que se ven realizando, e unha proxección internacional de Galicia coma rexión pioneira no campo da dixitalización do sector agroalimentario”.

 

O evento, que se celebrou na cidade irlandesa de Kilkenny o 1 e 2 de xuño, reuniu aos responsables de políticas públicas, representantes de centros tecnolóxicos e de investigación, representantes do sector agroalimentario e inversores dos 24 estados membro da Unión Europea; e tivo ademais coma principal obxectivo compartir experiencias, boas prácticas, barreiras e prioridades á hora de establecer hubs dixitais de innovación para o sector agroalimentario en Europa.

 

A proposta galega, modelo pioneiro

Impulsado por Gradiant e o Campus Terra de la Universidade de Santiago de Compostela, co apoio da Xunta de Galicia, o Polo de Innovación Dixital para o sector agroalimentario de Galicia recibiu numerosos eloxios por parte do persoal da Comisión Europea, responsables de políticas públicas dos Estados Membro e de centros de investigación europeos.

 

A presenza de Galicia coma poñente invitado nesta iniciativa da EIP-AGRI “representa o recoñecemento internacional á estratexia de innovación no sector agrario impulsada desde o goberno galego”, indica Alfonso Ribas, que recalca a boa acollida da proposta galega “situando Galicia no grupo de rexións de referencia de Europa na dixitalización do sector agrícola”.

 

“Combinar o enfoque abaixo-arriba”, a estreita colaboración público-privada, a estrutura áxil de traballo e o aliñamento coa estratexia rexional de especialización son as bases do éxito do nos proxecto” apuntan os responsables do Polo de Innovación. Unha proposta que recibiu a mención expresa do Comisario Europeo para Agricultura e Desenvolvemento Rural, Phil Hogan, no seu discurso de clausura do evento felicitando ás rexións de Galicia e Toscana (Italia) polo traballo desenvolvido neste campo.

 

Ademais de analizar, por medio do caso galego, ás claves da colaboración público-privada e a importancia da compoñente rexional, no seminario abordáronse os outros pilares precisos para o establecemento de hubs dixitais de innovación, coma os centros de competencia, o emprendemento, a inversión privada, os ‘brokers’ de innovación e a implicación da comunidade agraria, que deberán ser os beneficiarios finais das innovacións.

 

O futuro na dixitalización do sector agroalimentario

A dixitalización da industria agroalimentaria europea é unha das grandes prioridades da política de I+D+i en Europa para os próximos anos, evidenciando un compromiso total co sector agrario na súa aposta pola dixitalización coma un dos elementos clave para a futura sustentabilidade do sector.

 

“Unha das leccións que nos deixa Europa, que afortunadamente xa estamos a aplicar en Galicia, é a necesaria cooperación entre os diferentes departamentos da Administración Pública” explica o director xeral de Gradiant. É por isto que as actividades do Polo de Innovación Dixital de Galicia enfocaranse nos vindeiros meses na vertebración do ecosistema innovador galego, pondo en marcha accións que involucren a todos os axentes precisos (goberno, cooperativas, centros tecnolóxicos TIC, centros de investigación agroalimentaria, produtores, empresas TIC, universidades, etc.) nas novas dinámicas que faciliten acoller as innovacións dixitais do sector e, o que é máis importante, facilitar o camiño para xerar nova solucións tecnolóxicas desenvolvidas desde Galicia.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.