Ir o contido principal

Campus Terra, Medio Rural e Gradiant presentan este xoves en Irlanda o Polo de Innovación Dixital nun seminario da EIP-AGRI

Campus Terra, Medio Rural y Gradiant presentan este jueves en Irlanda el Polo de Innovación Digital en un seminario de la EIP-AGRI
Campus Terra, Medio Rural y Gradiant presentan este jueves en Irlanda el Polo de Innovación Digital en un seminario de la EIP-AGRI
O seminario ‘Polos de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da agricultura’, organizado pola Asociación Europea para a Innovación do Agro (EIP-AGRI), acolle este xoves 1 de xuño,...
Lugo

O seminario ‘Polos de innovación dixital: principais correntes na dixitalización da agricultura’, organizado pola Asociación Europea para a Innovación do Agro (EIP-AGRI), acolle este xoves 1 de xuño, en Kilkenny (Irlanda), a presentación do Polo de Innovación Dixital para o Sector Agroalimentario impulsado polo Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela e Gradiant, Centro Tecnolóxico de Comunicacións de Galicia.

 

A partir das 10:00 horas, Luís Pérez Freire, director xeral de Gradiant, e Alfonso Ribas Álvarez, en representación do Instituto Galego da Calidade Alimentaria (Ingacal), dependente da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, presentarán as actividades realizadas ata o de agora no marco do Polo de innovación Dixital, así como os futuros pasos que se realizarán a fin de impulsar a dixitalización do sector agroalimentario en Galicia

 

O Campus Terra da USC e o Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia (Gradiant) decidiron unir forzas e apostar pola creación dun Polo de Innovación Dixital no Sector Agroalimentario (“Digital Innovation Hub” na terminoloxía da Comisión Europea) no que conflúen, pola banda da demanda, un sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade produtiva; e pola banda da oferta, a conxunción de provedores tecnolóxicos e de servizos así coma dos centros de coñecemento e innovación xeradores desas solucións e melloras que demanda o sector.

 

Esta iniciativa establece unha dinámica proveitosa de colaboración aberta e áxil, da que cada parte interesada pode tirar beneficios específicos: maior competitividade para o sector agroalimentario, oportunidades de negocio e potencial exportador para os provedores tecnolóxicos, oportunidades de capitalización do coñecemento existente nos centros de investigación e innovación galegos, etc.

 

O Polo tamén participa nos partenariados temáticos 'Trazabilidade e Big Data' e ‘Agricultura de Alta Tecnoloxía’, áreas dentro da plataforma de especialización intelixente S3P Agrifood da Comisión Europea.

 

A EIP-AGRI pretende proporcionar un interfaz entre a agricultura, a bioeconomía, a ciencia e outros usuarios, tanto na Unión Europea como a nivel nacional e rexional, con vistas a mellorar a eficacia de medidas relacionadas coa innovación tanto da Política Común Agrícola como da Unión pola Innovación do Programa Marco de Investigación.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.