Ir o contido principal

Campus Terra participa na xornada técnica ‘Trazabilidade e Big Data’ no marco da plataforma S3P Agrifood da Comisión Europea

Campus Terra participa en la jornada técnica ‘Trazabilidad y Big Data’ en el marco de la plataforma S3P Agrifood de la Comisión Europea
Campus Terra participa en la jornada técnica ‘Trazabilidad y Big Data’ en el marco de la plataforma S3P Agrifood de la Comisión Europea
A Consejería de Agricultura, Pesca y Desarrollo Rural da Junta de Andalucía acolle este martes e mércores a primeira reunión técnica do Partenariado Temático 'Trazabilidade e Big Data', área temática...
Lugo

A Consejería de Agricultura, Pesca y Desarrollo Rural da Junta de Andalucía acolle este martes e mércores a primeira reunión técnica do Partenariado Temático 'Trazabilidade e Big Data', área temática dentro da plataforma de especialización intelixente S3P Agrifood da Comisión Europea. Máis de 80 entidades de oito países participan neste encontro co obxectivo de impulsar a competitividade do agro a través dos macrodatos.

 

Nesta primeira reunión, pretende definirse o funcionamento do partenariado e o seu esquema de traballo, así como establecer posibles fontes de financiamiento para futuras accións. Durante a sesión deste martes, na sección dedicada ás respectivas rexións, Campus Terra, Xunta e Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia expuxeron a situación do sector agroalimentario en Galicia.

 

No transcurso da mesma, deixouse patente a necesidade de crear un novo modelo de xestión baseado na innovación e, polo tanto, a modernización dos sectores tradicionais na comunidade para incrementar a súa eficiencia e produtividade mediante o uso de fontes endóxenas e a reorientación cara a usos alternativos de alto valor engadido. Trátase, en definitiva, de crear un novo modelo industrial baseado na competitividade e o coñecemento, incrementando a intensidade tecnolóxica a través da hibridación das propias tecnoloxías.

 

Neste sentido, destacouse a experiencia do Polo de Innovación Tecnolóxica para o Sector Agroalimentario impulsado por Campus Terra e Gradiant. Neste espazo de intercambio de coñecemento e debate, conflúen, polo lado da demanda, un sector produtivo e transformador aberto á incorporación de tecnoloxías e servizos innovadores adaptados á súa realidade produtiva; e doutra banda, a conxunción de provedores tecnolóxicos e de servizos así como dos centros de coñecemento e innovación xeradores desas solucións e melloras que demanda o sector.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.