Ir o contido principal

Contar, cantar, bailar e demais linguaxes acaídas como recursos educativos, a debate este mes nun foro estival da USC en Lugo

Contar, cantar, bailar y demás lenguajes adecuados como recursos educativos, a debate este mes en un foro estival de la USC en Lugo
Contar, cantar, bailar y demás lenguajes adecuados como recursos educativos, a debate este mes en un foro estival de la USC en Lugo
A Universidade de Verán 2018 da USC inclúe na súa programación para os días 22, 29 e 30 de xuño o curso Contar, cantar bailar e as outras 100 linguaxes na crianza (ou un feixe de recursos para as...
Lugo

A Universidade de Verán 2018 da USC inclúe na súa programación para os días 22, 29 e 30 de xuño o curso Contar, cantar bailar e as outras 100 linguaxes na crianza (ou un feixe de recursos para as familias e educadoras), cuxas sesións formativas se desenvolverán durante as tres xornadas sinaladas na Facultade de Formación do Profesorado do Campus Terra e nas instalacións do centro educativo en Galego Semente-Lugo, emprazado na parroquia luguesa de Barbaín. A matrícula neste programa formativo, estruturado en 15 horas lectivas e aberto á participación de todas as persoas interesadas pola temática, pode formalizarse de xeito presencial ou a través da páxina web ata o próximo 8 de xuño.

 

O obxectivo do curso estival da USC dirixido polas profesoras Estella L. Freire Pérez e Verónica Martínez Martínez, e do que actúa como secretario académico Vicente Blanco Mosquera, pasa por achegar recursos sinxelos para familias e educadores/as baseadas na multiplicidade de linguaxes e medios de expresión das crianzas. Potenciar o traballo en aula da danza tradicional, da narración oral e das regueifas, da música tradicional e da expresión artística en xeral como recursos motores para desenvolver unha aprendizaxe significativa constitúen outros dos cometidos deste programa da Universidade de Verán da USC.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.