Ir o contido principal

De Vacas abre o Lubicán 2018 este xoves 22 no Círculo das Artes de Lugo

De Vacas abre el Lubicán 2018 este jueves 22 en el Círculo de las Artes de Lugo
De Vacas abre el Lubicán 2018 este jueves 22 en el Círculo de las Artes de Lugo
O ciclo Lubicán 2018 que pretende potenciar a presentación de novos traballos da música galega, levanta o pano este xoves 22 de febreiro, no Círculo das Artes de Lugo, a partir das 21.00 horas, coa...
Lugo

O ciclo Lubicán 2018 que pretende potenciar a presentación de novos traballos da música galega, levanta o pano este xoves 22 de febreiro, no Círculo das Artes de Lugo, a partir das 21.00 horas, coa actuación do grupo DeVacas, no marco do seu Tour Vacanal 2018 "Novos xites e os clásicos de sempre".

 

De Vacas é un cuarteto musical formado por unha guitarra e tres voces que interpretan versións en lingua galega de temas mundialmente coñecidos. Paula Romero, Inés Salvado e Faia Díaz integran xunto co guitarrista Guillermo Fernández este grupo que xa actuou na xornada de benvida ao novo alumnado do Campus Terra no ano 2016 e que agora regresa para inaugurar o Lubicán, ciclo de música organizado ao amparo do convenio Lugo Cultural do que forman parte a Universidade de Santiago de Compostela xunto co Concello e a Deputación de Lugo. A entrada ao concerto é de balde ata completar aforo.  

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.