Ir o contido principal

Marcos Rial fala no Campus Terra sobre enxeñaría e cooperación internacional no marco do proxecto ‘Xeomática e café’

Marcos Rial habla en el Campus Terra sobre ingeniería y cooperación internacional en el marco del proyecto ‘Geomática y café’
Marcos Rial habla en el Campus Terra sobre ingeniería y cooperación internacional en el marco del proyecto ‘Geomática y café’
O proxecto ‘Xeomática e café’, unha iniciativa promovida pola delegación territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica coa que se pretende, a través de encontros...
Lugo

O proxecto ‘Xeomática e café’, unha iniciativa promovida pola delegación territorial de Galicia do Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topográfica coa que se pretende, a través de encontros informais, divulgar contidos profesionais, científicos, académicos e laborais transversais de interese para as comunidades de enxeñeiros, en especial para as graduadas e os graduados en Enxeñaría en Xeomática e Topografía,  botou a andar este xoves na Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC cunha sesión na que se afondou sobre o cometido da xeomática nos proxectos de cooperación internacional.

 

O graduado en Enxeñaría en Xeomática e Topografía Marcos Rial Docampo, egresado da EPS en 2015 e voluntario polo Grupo Agro de Enxeñería Sen Fronteiras (ESF) dende 2016, foi o encargado de guiar esta primeira sesión, durante a que relatou algunhas das experiencias vividas no marco do Programa de Coñecemento da Realidade que promove ESF e a través do que realizou unha estadía no Golfo de Fonseca, en Honduras, onde participou en proxectos de soberanía alimentaria e fortalecemento de asociacións locais.

 

A sesión comezou cunha intervención de benvida da Subdirectora de Calidade da EPS, Ana Isabel García Arias, e da coordinadora do grao en Xeomática e Topografía na EPS, Maria J. Iniesto. De seguido, Marcos Rial fixo unha breve presentación do que é Enxeñeria Sen Fonteiras (ESF) e o papel das voluntarias nos proxectos e actividades de cooperación da ONG, en especial das enxeñeiras e enxeñeiros en Xeomática e Topografía.

 

Rial Docampo falou dos proxectos que se están levando a cabo no Golfo de Fonseca por parte de ESF-CODDEFFAGOLF en temática de agro e desenvolvemento rural. Estes proxectos están baseados no fortalecemento de asociacións locais labregas e formacións en consumo responsable e soberanía alimentaria, entre outras cousas. Relatou algunha das súas actividades na estancia en Honduras como a formación aos alumnos da Escuela Agrícola Luis Landa ou na Universidade Nacional Autónoma de Honduras en materia de SIG, GPS e novas tecnoloxías e aplicacións de teledetección. Así tamén, contou a experiencia nun país como Honduras e as necesidades en materia de cartografía, sistemas de información xeográfica e o uso de tecnoloxías apropiadas neses ámbitos de traballo.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.