Ir o contido principal

Marketing e comunicación para atopar emprego, obxecto de análise no Campus Terra da USC

Marketing y comunicación para encontrar empleo, objeto de análisis en el Campus Terra de la USC
Marketing y comunicación para encontrar empleo, objeto de análisis en el Campus Terra de la USC
A aula e-TERRA da Biblioteca Intercentros acolleu este mércores a primeira das sesións, para estudantes e titulados no Campus Terra, na que se detallan os pasos para atopar emprego coas técnicas que...
Lugo

A aula e-TERRA da Biblioteca Intercentros acolleu este mércores a primeira das sesións, para estudantes e titulados no Campus Terra, na que se detallan os pasos para atopar emprego coas técnicas que utilizan os expertos en marketing e comunicación. Esta acción atópase promovida pola área de Orientación Laboral dependente da Vicerreitoría de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC

 

O vindeiro mércores 22, no mesmo escenario, impartirase o seminario "Competencias profesionais para universitarios/as: habilidades de comunicación" no que os e asistentes recibirán pautas sobre como falar en público, dominar as conversacións cara a cara, disertar ante audiencias e facer unha exposición de produto e/ou servizo. Nesta xornada ensinarase a comunicar con soltura na distancia curta para transmitir unha mensaxe óptima e sen estridencias nun espazo reducido e próximo.

 

Estas sesións, que forman parte do programa de formación para a empregabilidade do Campus Terra, son impartidas por Modesto Gómez, profesional que leva anos traballando como responsable de recursos humanos en diversas empresas e institucións. Gómez é autor de libros económicos, contos, publicacións paisaxísticas e máis de 300 artigos para prensa e medios técnicos de comunicación. Como formador, leva máis de 10 anos impartindo cursos de márketing habilidades socio-directivas e desenvolvemento estratéxico. Desde 2008 é formador nacional da Fundación Incyde de Cámaras de Comercio de España.  

 

Os interesados e interesadas deben formalizar a súa inscrición, aberta e de balde para estudantes e titulados no Campus Terra, enviando un mail cos seus datos persoais a emprego.lugo [at] usc.es (emprego[dot]lugo[at]usc[dot]es) e poñendo no asunto do mail "Competencias profesionais para universitarios/as: habilidades de comunicación"

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.