Ir o contido principal

Medio Rural apoia o polo de innovación dixital do sector agroalimentario promovido polo Campus Terra da USC e Gradiant

Medio Rural apoya el polo de innovación digital del sector agroalimentario promovido por el Campus Terra de la USC y Gradiant
Medio Rural apoya el polo de innovación digital del sector agroalimentario promovido por el Campus Terra de la USC y Gradiant
O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, xunto co director xeral de Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), Luís Pérez Freire, reuniuse este venres...
Lugo

O vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Javier Bueno Lema, xunto co director xeral de Gradiant (Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), Luís Pérez Freire, reuniuse este venres coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, coa intención de presentar o polo de innovación dixital no sector agroalimentario que botará a andar a vindeira semana en Lugo. Vázquez sinalou que a Consellería colaborará cun proxecto coma este que coincide coa filosofía da Xunta de apostar pola modernización dos sectores primarios e do impulso das TIC.

 

De feito, Galicia conta con numerosos exemplos de aplicación desta innovación dixital no sector primario e tamén cun bo número de centros de coñecemento e empresas tecnolóxicas capaces de ofrecer solucións. Por iso, o obxectivo agora é poñer en común todos estes axentes para colaborar e que as conclusións resultantes teñan un verdadeiro impacto no sector. “Temos as ferramentas, agora imos aliñar e organizar os esforzos”, sinalaron os organizadores.

 

Pola súa banda, a titular do Medio Rural felicitounos por esta aposta decidida polo agro, un dos piares nos que se asenta a economía galega e que, segundo Ángeles Vázquez, “non só ten futuro senón que pode ser líder e para iso é imprescindible innovar”.

 

Será o 6 de outubro, na vicerreitoría de Coordinación do Campus Terra, cando se presente este polo de innovación. Nesta primeira xornada, compartiranse experiencias prácticas e planificaranse as primeiras actividades concretas do traballo conxunto. En concreto, abordaranse as estratexias e boas prácticas no eido da innovación dixital no sector agroalimentario, así como as plataformas temáticas de especialización intelixente para o sector agroalimentario. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.