Ir o contido principal

O Campus Terra acolle un foro de innovación alimentaria e nutrición infantil

El Campus Terra acoge un foro de innovación alimentaria y nutrición infantil
El Campus Terra acoge un foro de innovación alimentaria y nutrición infantil
O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrará o vindeiro mércores 29 de novembro o workshop ‘Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un contorno de colaboración virtual’, unha...
Lugo

O Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) celebrará o vindeiro mércores 29 de novembro o workshop ‘Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un contorno de colaboración virtual’, unha actividade de formación e divulgación en cuxa organización tamén participan a Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC e a Fundació Eurecat. A inscrición é gratuíta e permanece aberta. As persoas interesadas poden formalizar a súa asistencia a través do número de teléfono 981 556 062 ou no enderezo electrónico info [at] clusaga.org (info[at]clusaga[dot]org).

 

Este workshop constitúe unha das fases de presentación dun proxecto financiado polo Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, a través do que se pretende promover o nivel de competencia das empresas a través da colaboración nunha contorna virtual aberta (plataforma). Este novo escenario facilitaría o desenvolvemento de procesos de colaboración e de apoio á innovación con vistas a propiciar a elaboración, a nivel piloto, de alimentos novos ou enriquecidos destinados á poboación infantil, con idades comprendidas entre os 6 e os 12 anos.

 

Este proxecto impulsado polo Mineco e no que participan cinco pemes alimentarias asociadas a Clusaga, tal e como o son Innolact, Campomayor, Portomuiños, Freshcut e Daveiga, conta coa estreita colaboración da cadea de distribución Gadisa e da Axencia Estatal de Investigación de Nutrición e Saúde (AINS), que dinamizará a participación de empresas de ingredientes alimentarios. Outras entidades relevantes, como son a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS), e a empresa de comedores escolares Grupo Hostelero Asueto, tamén colaboran nesta actuación.

 

Estrutura do workshop

A xornada do workshop ‘Innovación en alimentos e nutrición infantil desde un contorno de colaboración virtual’ arrancará coa benvida aos asistentes por parte do director da Aula de Produtos Lácteos e Tecnoloxías Alimentarias (Aplta) da USC, Enrique Arbones, e do Xerente do Clúster Alimentario de Galicia, Roberto Alonso. De seguido, o promotor tecnolóxico da Unidade de Nutrición e Saúde da Fundación Eurecat, Francesc Puiggròs, abrirá a quenda de relatorios cunha intervención sobre o marco normativo dos produtos infantís.

 

A xornada continuará cunha exposición das tendencias de consumo en produtos alimentarios infantís e unha presentación sobre conceptos funcionais para a poboación infantil. No marco deste foro abordaranse asemade os retos tecnolóxicos e os ingredientes empregados no desenvolvemento de novos produtos. Unha mesa redonda e de debate para analizar e compartir experiencias e casos prácticos servirá de epílogo da sesión.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.