Ir o contido principal

O Campus Terra da USC avanza cara a excelencia

El Campus Terra de la USC avanza hacia la excelencia
El Campus Terra de la USC avanza hacia la excelencia
A Universidade de Santiago de Compostela está de enhoraboa xa que vén de repetir presenza no ránking das mellores 500 universidades do mundo, concretamente rexistra a súa mellor posición situándose...
Lugo

A Universidade de Santiago de Compostela está de enhoraboa xa que vén de repetir presenza no ránking das mellores 500 universidades do mundo, concretamente rexistra a súa mellor posición situándose no intervalo 301-400. O Academic Ranking of World Universities (ARWU), clasificación que dende 2003 realiza a Universidade Jiao Tong de Shanghai e que comunmente é coñecida como ránking de Shangai, acaba de facer pública esta listaxe na que figuran un total de doce universidades españolas. A USC comparte nivel (301-400) coa Autónoma de Barcelona, Complutense, Pompeu Fabra e coas politécnicas de Cataluña e Valencia.

 

A boa nova súmase ao resultado obtido no pasado mes de xuño no seo do II Ranking Universidade-Empresa sobre empregabilidade de titulados recentes elaborado pola Fundación Everis. Segundo o mesmo e a partir dos datos de 2.155 enquisas a responsables de contratación doutras tantas empresas de toda España, a USC é a universidade española con mellor percepción entre os empregadores no ámbito das Humanidades e outras Ciencias Sociais. O grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural impártese no Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sostibilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, e segundo a decana da Facultade de Humanidades, María Isabel González Rey, aporta unha "formación totalmente integral, feita de coñecementos teóricos e prácticos, que fai que os alumnos se sintan preparados para a vida e para o traballo".

 

Estes resultados poñen de manifesto a boa saúde pola que atravesa o Campus lucense que para o curso que está a piques de iniciarse ofrece un desconto do 50% na matrícula en ata dez graos para os alumnos de primeiro ano. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.