Ir o contido principal

O Campus Terra da USC estreita lazos con universidades indonesias

El Campus Terra de la USC estrecha lazos con universidades indonesias
El Campus Terra de la USC estrecha lazos con universidades indonesias
O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha Correa, iniciou este mércores 29 de marzo unha visita de dúas semanas a Indonesia a través da cal se pretende coñecer de...
Lugo

O xestor de Internacionalización do Campus Terra da USC, Pedro Fiz Rocha Correa, iniciou este mércores 29 de marzo unha visita de dúas semanas a Indonesia a través da cal se pretende coñecer de primeira man o sistema universitario do país, así como estreitar lazos con distintos centros de referencia no eido agroalimentario.

 

Durante as primeiras xornadas, Rocha Correa asistirá a un workshop na Bogor Agricultural University, no que distintos expertos aproximaranse á internacionalización no ámbito universitario. A creación de consorcios, a búsqueda de financiamento para proxectos, a cooperación institucional ou como definir unha estratexia adecuada de internacionalización, así como a empregabilidade no contexto internacional, serán algunhas das cuestión obxecto de análise neste obradoiro de expertos.

 

O xestor de Internacionalización visitará ao longo da semana do 3 de abril diferentes universidades indonesias e aproveitará para presentar a oferta académica do Campus Terra, o campus da Universidade de Santiago de Compostela especializado na sustentabilidade social, económica e medioambiental do uso da terra. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.