Ir o contido principal

O Campus Terra da USC súmase ao pulo aeronáutico cunhas xornadas sobre ‘drones’ na Escola Politécnica Superior

El Campus  Terra de  la USC se suma  al  impulso  aeronáutico  con  unas jornadas sobre drones en la Escuela Politécnica Superior
El Campus Terra de la USC se suma al impulso aeronáutico con unas jornadas sobre drones en la Escuela Politécnica Superior
Máis de 25 empresas ligadas aos ámbitos da Xeomática e a Topografía e ao  deseño e desenvolvemento de aeronaves, así como profesionais do sector aeronáutico e investigadores de varias...
Lugo

Máis de 25 empresas ligadas aos ámbitos da Xeomática e a Topografía e ao  deseño e desenvolvemento de aeronaves, así como profesionais do sector aeronáutico e investigadores de varias universidades participarán en Lugo do 31 de marzo ao 2 de abril nas xornadas sobre vehículos aéreos non tripulados organizadas pola Escola Politécnica Superior do Campus Terra da USC en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñaría Xeomática e Topografía e o aeródromo de Rozas.

 

O programa das xornadas inclúe relatorios e presentacións de proxectos, ‘networking’ con empresas, cinco obradoiros prácticos de diversa temática, exposicións de ‘drones’ e outros vehículos aéreos non tripulados, ademais dunh exhibición aérea nas instalacións do aeródromo de Rozas, no concello de Castro de Rei.

 

A celebración destas xornadas sobre ‘drones’ constitúen unha boa oportunidade para amosar todo o potencial investigador e tecnolóxico que pode ofrecer o Campus Terra da USC cara o desenvolvemento e as futuras accións executadas ao abeiro do centro de investigación aerotransportable de Rozas, segundo sinalaron o vicerreitor Javier Bueno; o director da EPS, Tomás Cuesta, e a tamén profesora no Campus Terra da USC e delegada territorial en Galicia do colexio de enxeñeiros e Xeomática e Topografía, María José Iniesto.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.