Ir o contido principal

O Campus Terra da USC visita dous centros de secundaria na cidade de Ourense

El Campus Terra de la USC visita dos centros de secundaria en la ciudad de Ourense
El Campus Terra de la USC visita dos centros de secundaria en la ciudad de Ourense
A xestora de especialización da Oferta Docente, Margarita Vilela, e a xestora de Comunicación, Natalia Alonso, visitaron este luns os Institutos de Ensino Secundario Universidade Laboral e As Lagoas...
Lugo

A xestora de especialización da Oferta Docente, Margarita Vilela, e a xestora de Comunicación, Natalia Alonso, visitaron este luns os Institutos de Ensino Secundario Universidade Laboral e As Lagoas na cidade de Ourense, coa intención de presentar a oferta académica e de servizos do Campus Terra.

 

Preto dun centenar de alumn@s puideron coñecer de primeira man o mapa de titulacións dos oito centros do campus, o cal abarca a totalidade das áreas de coñecemento, así como o  conxunto de actividades que se ofertan dende a área de Cultura, e os servizos de Orientación e Inserción Laboral, Participación e Integración Universitaria, Deportes, Centro de Linguas Modernas e Normalización Lingüística.

 

Esta acción enmárcase dentro dos plans operativos de Especialización da Oferta Docente e de Comunicación e Reputación Corporativa, a fin de potenciar  a imaxe do Campus Terra como o campus da USC especializado na sustentabilidade económica, social e medioambiental do uso da terra, e reivindicar unha visión interdisciplinar do concepto Terra. 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.