Ir o contido principal

O Campus Terra patenta compostos de usos farmacolóxicos e terapéuticos que poderían ser acaídos na loita contra o Alzhéimer

El Campus Terra patenta compuestos de usos farmacológicos y terapéuticos que podrían ser adecuados en la lucha contra el Alzhéimer
El Campus Terra patenta compuestos de usos farmacológicos y terapéuticos que podrían ser adecuados en la lucha contra el Alzhéimer
O grupo de investigación do Campus Terra da USC GI-1682 Farmatox con sede na Facultade de Veterinaria, promove xunto con Daniel Romo, profesor de Química da Universidade de Baylor (Texas) e co...
Lugo

O grupo de investigación do Campus Terra da USC GI-1682 Farmatox con sede na Facultade de Veterinaria, promove xunto con Daniel Romo, profesor de Química da Universidade de Baylor (Texas) e co director de CPIRT Synthesis e do laboratorio Drug-Lead Discovery, a solicitude de patente internacional dunha familia de compostos que presentan utilidades farmacolóxicas e terapéuticas e que xa teñen espertado o interese dalgunhas compañías multinacionais.

 

A implicación do profesor Romo nesta investigación centrouse no desenvolvemento de estruturas miméticas ás que presentan as gracilinas, mentres que os investigados do grupo Farmatox estudaron a súa potencial incidencia farmacolóxica e os seus efectos e impacto como inhibidoras de enzimas que contribúen a mitigar ou, no seu caso, evitar o rexeitamento no caso de transplantes de órganos. Outros dos beneficios deste composto afecta ás súas propiedades para mitigar inflamacións e moi posiblemente estamos diante dun elemento acaído para tratar ou previr enfermidades cardiovasculares e neurodexenerativas, tal e como pode ser o Alzhéimer.

 

Este novo avance ou descubrimento científico, cuxo rexistro de patente xa está iniciado en Estados Unidos, é o resultado dun dilatado e laborioso traballo de investigación que se iniciou nos proxectos europeos, xa rematados, Pharmatlantic e Pharmasea, liderados polo coordinador de Farmatox, Luis M. Botana, e nun vixente liderado na USC pola profesora do Departamento de Farmacoloxía, Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica na Facultade de Veterinaria de Lugo, Amparo Alfonso, e no que, ademais dos investigadores do grupo Farmatox da USC e do xa citado investigador da Universidade de Baylor, tamén participan os servizos de Farmacoloxía e Cardioloxía do Hula, a través do seu director, Carlos Fernández-Juanatey, e o Fondo de Investigación da Seguridade Social a través do seu Instituto de Saúde Carlos III.

 

O obxecto da patente en curso non é outro que o de protexer o resultado da síntese de varios compostos do grupo das gracilinas, extraídas dunha familia de esponxas mariñas atopadas no Índico, e que teñen propiedades antiinflamatorias e inmunomoduladoras, particularidades estas que poden resultar moi interesantes para o futuro desenvolvemento de novos fármacos, sinalaron Botana e Alfonso.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.