Ir o contido principal

O coordinador de investigación do Instituto Tecnolóxico Agropecuario de Arxentina visita o Campus Terra da USC

El coordinador de investigación del Instituto Tecnológico Agropecuario de Argentina visita el Campus Terra de la USC
El coordinador de investigación del Instituto Tecnológico Agropecuario de Argentina visita el Campus Terra de la USC
O coordinador de investigación do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria (INTA), Jorge Pérez Peña ‘Pata’, pmantén un encontro cos vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e...
Lugo

O coordinador de investigación do Instituto Nacional de Tecnoloxía Agropecuaria (INTA), Jorge Pérez Peña ‘Pata’, pmantén un encontro cos vicerreitores de Coordinación e Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico do campus de Lugo, Javier Bueno e Andrés Barreiro, respectivamente, no marco do que estudaron as posibilidade de establecer futuras colaboracións entre o INTA e o Campus Terra da USC.

 

O INTA, un organismo estatal dependente do Ministerio de Agroindustria de Arxentina, desenvolve accións de investigación e innovación tecnolóxica orientadas a mellorar a competencia e o desenvolvemento sustentable do país, uns obxectivos que comparte do Campus Terra da USC, tal e como se puxo de manifesto no marco deste encontro.

 

Outro dos factores que favorece as futuras colaboracións entre o INTA e o Campus Terra da USC atinxe á pertenza deste organismo público arxentino no  presenza do INTA á Asociación Agropolis Internacional, con sede no campus mundial das ciencias verdes de Montpellier, unha universidade francesa coa que tamén coopera a USC en cuestións ligadas ao Campus Terra.

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.