Ir o contido principal

O IES Lucus Augusti pecha as sesións de xaneiro do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’ do Campus Terra da USC

El IES Lucus Augusti cierra las sesiones de enero del ciclo ‘Ciencia para nuevos investigadores’ del Campus Terra de la USC
El IES Lucus Augusti cierra las sesiones de enero del ciclo ‘Ciencia para nuevos investigadores’ del Campus Terra de la USC
Alumnado do IES Lucus Augusti de Lugo pechou este mércores a primeira quenda da nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o...
Lugo

Alumnado do IES Lucus Augusti de Lugo pechou este mércores a primeira quenda da nova edición do ciclo ‘Ciencia para novos investigadores’, un programa de estímulo de vocacións científicas entre o estudantado de ensino medio impulsado polo persoal da Facultade de Ciencias pertencente ao Campus Terra da USC.

 

Logo dun breve acto de benvida, que estivo guiado polo decano deste centro universitario lugués, José Manuel Martínez Ageitos, e no que tamén interviron os coordinadores das titulacións de grao impartidas na facultade (Enxeñería de Procesos Químicos Industriais e Nutrición Humana e Dietética), distintos profesores e persoal do centro conduciron sesións prácticas nos laboratorios, onde os estudantes preuniversitarios puideron realizar os seus propios experimentos.

 

Ao longo deste mes de xaneiro participaron neste ciclo estudantes de ensino secundario do Colexio Maristas-A Inmaculada, o IES Basanta Silva de Vilalba, IES A Pinguela de Monforte, CPI Ramón Piñeiro de Láncara, IES Sanxillao, IES Lucus Augusti, Colexio Divino Maestro e o IES Ollos Grandes. Xa en maio participará alumnado de último curso da ESO do IES Ánxel Fole, Colexio Padres Franciscanos e Colexio San José.

 

En total, agárdase que uns 450 estudantes de ensino secundario de 11 centros educativos da provincia de Lugo coñezan a oferta formativa da Facultade e podan desenvolver sesións prácticas nos seus laboratorios no presente ano académico. 

 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.