Ir o contido principal

O Lhica do Campus Terra da USC crea un método para identificar esporas bacterianas resistentes a tratamentos térmicos do leite

El Lhica del Campus Terra de la USC crea un método para identificar esporas bacterianas resistentes a tratamientos térmicos de la leche
El Lhica del Campus Terra de la USC crea un método para identificar esporas bacterianas resistentes a tratamientos térmicos de la leche
O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC vén de poñer a punto unha nova metodoloxía molecular para identificar e...
Lugo

O Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (Lhica) da Facultade de Veterinaria do Campus Terra da USC vén de poñer a punto unha nova metodoloxía molecular para identificar e cuantificar a presenza de certas esporas de orixe bacteriana  que resultan especialmente resistentes aos tratamentos térmicos que se aplican para a fabricación de leite UHT e que poden chegar a producir importantes problemas no procesado e na posterior comercialización deste alimento.

 

O desenvolvemento desta nova metodoloxía é unha das achegas da tese de doutoramento que vén de presentar na USC o exipcio Mohamed Ibrahim Mohamed Bouelnaga baixo o título  'Caracterización molecular e desenvolvemento de métodos de PCR en tempo real para avaliar e cuantificar xenes de virulencia de enterococos en alimentos fermentados e non fermentados, e Bacillus sporothemodurans en leite UHT'.

 

Máis información no Xornal da USC 

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.