Ir o contido principal

O pastoreo como saída á crise de prezos do leite, a debate no Campus Terra da USC

El pastoreo como salida a la crisis de precios de la leche, a debate en el Campus Terra de la USC
El pastoreo como salida a la crisis de precios de la leche, a debate en el Campus Terra de la USC

 
Analizar as vantaxes do pastoreo fronte á actual crise de prezos do leite. Esa é a finalidade da xornada técnica que acolle a EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e que reúne este martes...
Lugo

 

Analizar as vantaxes do pastoreo fronte á actual crise de prezos do leite. Esa é a finalidade da xornada técnica que acolle a EPS de Enxeñaría do Campus Terra da USC e que reúne este martes a produtores e demais profesionais ligados ao sector.

 

"Esta xornada o que pretende é falar de algo que ata o de agora é marxinal en Galicia como é o caso da produción de leite en pastoreo. Por iso é interesante coñecer as experiencias doutros países europeos", afirmou o profesor da USC, Francisco Sineiro, quen organiza esta xornada conxuntamente co xestor de Internacionalización do Campus Terra, Pedro Fiz Rocha Correa.

 

O programa do foro contén a exposición dos relatos de tres produtores de Holanda, Francia e Irlanda, para coñecer as experiencias rexistradas nas súas explotacións de vacún.

 

"A realidade galega está composta por explotacións maioritariamente medianas ou familiares. Con todo, nelas tamén pode buscarse a eficiencia e a sustentabilidade", afirmou o vicerreitor de Coordinación co campus de Lugo, Javier Bueno, quen inaugurou a xornada acompañado do deputado provincial, Eduardo Vidal.

 

Técnicos do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo, dependente da Xunta de Galicia e do Laboratorio Interprofesional Galego de Análise do Leite completan esta xornada coa abordaxe das técnicas de pastoreo como alternativa para miticar os efectos derivados da crise de prezos.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.