Ir o contido principal

O pianista asturiano Martín García ofrece esta tarde un concerto na Casa do Saber do Campus Terra

El pianista asturiano Martín García ofrece esta tarde un concierto en la Casa do Saber del Campus Terra
El pianista asturiano Martín García ofrece esta tarde un concierto en la Casa do Saber del Campus Terra
O pianista xixonés Martín García ofrece esta tarde, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o segundo dos concertos programados no marco do ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2017,...
Lugo

O pianista xixonés Martín García ofrece esta tarde, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, o segundo dos concertos programados no marco do ciclo Músicas a carón da Mosqueira 2017, organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que conta con financiamento da USC, Concello e Deputación de Lugo, no marco do que interpretará un programa que inclúe composicións de Beethoven, Mozart, Chopin e Liszt.

 

Martín García naceu en Xixón en 1996. Comezou os seus estudos musicais de piano ós cinco anos, cos profesores Natalia Mazoun e Ilya Goldfarb Ioffe. Recibiu leccións maxistrais de Naum Grubert e Dimitri Alexeev. Dende o curso académico 2011-2012 é alumno da Escuela Reina Sofía no Departamento de Piano Fundación Banco Santander coa profesora Galina Eguiazarova. Goza de bolsa de matrícula e residencia Fundación Mª Cristina Masaveu Peterson. Gañou o Primeiro Premio en numerosos concursos nacionais, como o de  Compositores de España (2005),  Antón  García Abril de Teruel e  Santa Cecilia de Segovia (2006), e  Ciudad de San Sebastián e Infanta Cristina (Madrid, 2008). Asemade, gañou concursos internacionais como o  Anna Artobolevskaya (2005), ou o  Rotary Children Music (2008), ámbolos dous en Moscova. Ese mesmo ano obtivo o  Primer Premio Absoluto do  Concurso Permanente de Mozos Intérpretes, organizado por Xuventudes Musicais de España en Alcalá de Henares. En 2013 recibiu de mans da Súa Maxestade a Raíña Dona Sofía a Mención de Alumno máis sobresaínte.

 

Alén dos galardóns acadados, Martín García deu concertos como solista xunto ás orquestras sinfónicas do Principado de Asturias, RTVE e Odón Alonso de León. Tamén actuou en Moscova xunto a  Los Virtuosos de Gnessin e en Varsovia, xunto á Joven Orquestra de Cracovia. Actuou en escenarios como o Auditorio Sony, nos Premios Save the Children 2012, no Auditorio Nacional de Música, en Madrid, ou no Centro de Músicas Árabes e Mediterráneas de Túnez. Como alumno da Escola, foi solista coa Orquestra Sinfónica Freixenet, baixo a batuta do director Josep Pons. Asemade, formou parte do Trío Nielsen e do Grupo Albéniz de Prosegur, baixo a tutela da profesora Márta Gulyás.

Os contidos desta páxina actualizáronse o 25.02.2022.